Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.
Atribucións e funcionamento[editar | editar a fonte]
A Xunta regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de Galicia. Tamén ten competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das comarcas e parroquias rurais como entidades propias de Galicia; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do Dereito Civil galego; normas procesais e procedementos administrativos que se deriven do específico Dereito galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museos, conservatorios de música e servizos de Belas Artes; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confrarías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre a xestión e conservación protección dos ecosistemas.
Historia[editar | editar a fonte]
A Xunta de Galicia ten a súa orixe na Xunta do Reino de Galicia creada en 1528 e que perviviría, con algunhas interrupcións, ata 1833.
Durante a Guerra da Independencia española, en 1808, crease a Xunta Suprema de Galicia para dirixir a loita contra os franceses e manter a orde pública. A Xunta Suprema asumiu funcións militares, lexislativas e de relacións internacionais ata a creación da Xunta Central Española.
En 1843 constituíuse unha Xunta Central de Galicia presidida por Xosé María Suances oposta á rexencia de Baldomero Espartero.
En 1846 prodúcese o levantamento do comandante Miguel Solís en Lugo, que disolve o Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pío Rodríguez Terrazo e que remataría co fusilamento dos Mártires de Carral.
Finalmente, o Real Decreto-Lei 7/1978 e o Real Decreto 474/1978 aprobados o 16 de marzo de 1978 designan a Xunta de Galicia como goberno galego [1].
Presidencia da Xunta de Galicia[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Presidente da Xunta.
- 1978–1979 - Antonio Rosón Pérez (UCD) (preautonómico)
- 1979–1982 - Xosé Quiroga Suárez (UCD) (preautonómico ata 28 abril 1981)
- 1982–1987 - Xerardo Fernández Albor (APdG)
- 1987–1990 - Fernando Ignacio González Laxe (PSdeG)
- 1990–2005 - Manuel Fraga Iribarne (PPdG)
- 2005–2009 - Emilio Pérez Touriño (PSdeG)
- 2009–presente - Alberto Núñez Feijóo (PPdG)
Consellarías[editar | editar a fonte]
- Categoría principal: Gobernos de Galicia
Desde o 2 de decembro de 2012[2] o goberno da Xunta está formado polo presidente e 8 consellarías, todas elas rexidas por membros do PPdeG. A única mudanza co anterior goberno é o cambio de Javier Guerra por Francisco Conde á fronte da Consellería de Economía e Industria. Posteriormente, no ano 2015, primeiro polos resultados das eleccións municipais e despois polos problemas na posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro, houbo outros cambios, tanto de nomes co como na distribución de funcións entre entre consellerías[3].
Esta foi a composición da Xunta e os seus titulares[4]:
- Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Alfonso Rueda Valenzuela.
- Consellería do Medio Rural: Ángeles Vázquez Mejuto
- Consellería de Facenda: Valeriano Martínez García.
- Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: Beatriz Mato Otero.
- Consellería de Infraestruturas e Vivenda: Ethel Vázquez Mourelle.
- Consellería de Economía, Emprego e Industria: Francisco Conde López.
- Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Román Rodríguez González.
- Consellería de Sanidade: Jesús Vázquez Almuíña.
- Consellería de Política Social: José Manuel Rey Varela.
- Consellería do Mar: Rosa Quintana Carballo.
En setembro de 2018, o presidente Feijóo levou a cabo unha remodelación das consellarías[5] e modificou as competencias de algunhas delas, que quedaron deste xeito:
- Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Alfonso Rueda Valenzuela.
- Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: Ángeles Vázquez Mejuto
- Consellería de Facenda: Valeriano Martínez García.
- Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: Ethel Vázquez Mourelle.
- Consellería de Economía, Emprego e Industria: Francisco Conde López.
- Consellería de Cultura e Turismo: Román Rodríguez González.
- Consellería de Sanidade: Jesús Vázquez Almuíña.
- Consellería de Política Social: Fabiola García Martínez.
- Consellería do Mar: Rosa Quintana Carballo.
- Consellería do Medio Rural: José González Vázquez
- Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: Carmen Pomar Tojo
Situación[editar | editar a fonte]


- Edificios Administrativos San Caetano
San Caetano, s/n
15704 - Santiago de Compostela - Pazo de Raxoi
Praza do Obradoiro.
15705 - Santiago de Compostela - Sede da Xunta de Galicia na Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9
154781 - A Coruña - Sede da Xunta de Galicia en Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 - Lugo - Sede da Xunta de Galicia en Ourense
Avda. da Habana, 79
32004 - Ourense - Sede da Xunta de Galicia en Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda s/n. - Pontevedra - Sede da Xunta de Galicia en Vigo
Rúa Concepción Arenal, 8
36201 - Vigo
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Real Decreto-lei 7/1978, polo que se aproba o réxime preautonómico para Galicia (BOE nº 66, de 18.03.1978) [1] Arquivado 01 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. e Real Decreto 474/1978, polo que se desenvolve o Real Decreto-lei 7/1978 (BOE nº 66, de 18.03.1978) [2] Arquivado 01 de febreiro de 2012 en Wayback Machine..
- ↑ "Feijóo nombra a Francisco Conde conselleiro de economia e-industria", Faro de Vigo, 2 de decembro de 2012 (en castelán).
- ↑ http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/10/04/feijoo-remodela-sorpresa-gobierno/00031443961705512299754.htm
- ↑ http://www.xunta.gal/portada
- ↑ "Feixoo aproveita a remodelación do goberno para recuperar a consellaría de Cultura". sermosgaliza.gal. 26-09-2018. Consultado o 07-10-2018.
- ↑ As obras na Xunta (agora) non fan ruído, Praza Pública, 24 de marzo de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xunta de Galicia ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Parlamento galego
- Alberto Núñez Feijóo
- Partido Socialista de Galicia
- Bloque Nacionalista Galego
- Partido Popular de Galicia
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial da Xunta de Galicia
- As orixes medievais da Xunta de Galicia Historia da Xunta de Galicia.