Joaquín Martín Martínez
Joaquín Martín Martínez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1878 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 31 de agosto de 1936 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e político |
Fillos | Cheché Martín |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Joaquín Martín Martínez, nado na Coruña en 1878 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1936, foi un funcionario, xornalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Propietario do Colexio Integral e logo do Grupo Escolar. Foi elixido concelleiro da Coruña en decembro de 1909 e Presidente da Juventud Republicana da Coruña (1911). Funcionario do Concello da Coruña, do que chegou a ser secretario nos anos dez. Membro da Liga Gallega e de Solidaridad Gallega, foi secretario da I Asemblea Agraria de Galicia. Foi detido e estivo preso polos sucesos da folga xeral de 1917. Dirixiu o semanario Acción Coruñesa e a revista Galicia Industrial y Comercial a partir de febreiro de 1929.[1] Militou no Partido Reformista de Melquíades Álvarez e na República en Unión Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado na Coruña por rebelión militar foi condenado a pena de morte. Foi executado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto a Alfredo Suárez Ferrín, Manuel Guzmán García, Francisco Prego Campos, Ramón Maseda Reinante e Francisco Mazariegos Martínez.[2]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Unha rúa da Coruña leva o seu nome.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Elvira Rodríguez, filla de José Rodríguez Martínez,[3] e foi pai do futbolista e adestrador Cheché Martín.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 8-2-1929, p. 8.
- ↑ La Voz de Galicia, 1-9-1936, p. 4.
- ↑ Fernández Caamaño, José M. (7-2-2016). "El médico que no entendía de horarios ni clases sociales". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2-1-2017.