Ronda de Nelle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°21′41″N 8°24′57″O / 43.361518524193, -8.4158997590778

Rolda de Nelle
Rolda de Nelle
TipoloxíaRolda de circunvalación
Dimensións
Formato2 ou 3 carrís por sentido
Localización
InicioRúa de Fernando Rey, baixo a avenida de Alfonso Molina
FinRúa de Gregorio Hernández
LocalidadeA Coruña
Cómo chegar
Bus
Circulación
TránsitoPeonil e rodado

A rolda de Nelle é unha das principais vías urbanas da Coruña. Vai dende Catro Camiños ata a rúa de Gregorio Hernández, un tramo do paseo de Rolda.

Partindo da igrexa de San Pedro de Mezonzo, a rolda de Nelle rodea ou atravesa algúns dos barrios máis poboados da cidade, como a Agra do Orzán, o paseo das Pontes, os Mallos e a Falperra.

Historia[editar | editar a fonte]

A rolda de Nelle aparece ideada tal como se construíu no Plan de 1948 de Jacobo Rodríguez-Losada e Pablo Iglesias Atocha. Este plan supuxo a modificación do proxecto de ordenamento encargado polo concello a César Cort en 1945, no que se recollían algunhas vías de circunvalación para a cidade, incluídos algúns tramos da rolda de Nelle.[1] Unha parte da rolda construíuse sobre a fábrica de mistos La Vasco-Galaica.[2]

O nome de Nelle deullo o pequeno núcleo rural que existía nas proximidades do parque de Santa Margarida.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González-Cebrián Tello, José (1984). La ciudad a través de su plano. La Coruña (en castelán). Concello da Coruña. ISBN 9788450099904. 
  2. La fábrica de cerillas más importante de A Coruña
  3. Microtoponimia gallega. Un ejemplo coruñés

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4.