Punta Langosteira
![]() |
Este artigo (ou sección) está desactualizado. A información fornecida mudou ou é insuficiente.. A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Coordenadas: 43°21′22″N 08°29′36″O / 43.35611, -8.49333
Porto da Coruña | |
---|---|
![]() |
|
Localización | |
País | ![]() |
Cidade | Arteixo |
Detalles | |
Dirixido por | Autoridade Portuaria da Coruña |
Propietario | Portos do Estado |
Tipo | Marítimo |
Tamaño | 250 hectáreas[1] |
Embarcadoiros | 900 metros (22-24 metros de calado) |
Presidente | Enrique Losada Rodriguez |
Estatísticas | |
Tonelaxe | 800 000 toneladas, en 2015[2] |
Volume de contedores | (Sen carga) |
Tráfico de pasaxeiros | (Sen servizo) |
Principais importacións | graneis |
Tráfico ferroviario | (Sen conexión, en proxecto) |
www.puertocoruna.com | |
Punta Langosteira é un promontorio localizado no concello de Arteixo a 7 km da cidade da Coruña e limítrofe co polígono de Sabón que formaba unha costa esgrevia, contaba cun pequeno desembarcadoiro no suroeste. É o lugar elixido para situar o Porto Exterior da Coruña que se está a construír e que está previsto rematar en 2012.
Na zona do monte onde se está a construír o Porto Exterior da Coruña existía un castro costeiro chamado Cociñadoiro[3]. Foi escavado antes da súa destrución. Alí atopouse un castro que era empregado como fundición e diversos achados que están a ser estudados. Os resultados da escavación están pendentes de ser feitos públicos. A autoridade portuaria da Coruña comprometeuse a expoñer no lugar o atopado nun museo ou centro de interpretación cando as obras rematen.
En xuño de 2012 a Autoridade Portuaria e o Concello de Arteixo escolleron o parque de Monticaño como o lugar onde se exporían os achados do Castro de Cociñadoiro alí construirase o centro de interpretación de Langosteira.[4]
Historia[editar | editar a fonte]
En 1964 foi inaugurada a refinaría de Repsol na Coruña, entre os vales de Bens e Nostián, o porto da Coruña pasou a ser un porto petroleiro. Para a descarga dos petroleiros e carga dos produtos refinados construíuse un oleoduto que cruza a cidade. A Coruña é a única cidade de Europa con máis de 50.000 habitantes pola que pasa un oleoduto. Esta situación dunha terminal petroleira na ría do Burgo supón un grave risco para a cidade e a navegación na zona.
- En 1976 o Urquiola tocaba fondo provocando unha marea negra.
- En 1992 era o Aegean Sea o que encallaba e ardía preto da Torre de Hércules.
- En 2002 era o Prestige o que provocaba unha marea negra que chegaba a toda a costa galega.
O Prestige foi un buque que sufría unha avaría que facía necesario un porto refuxio onde transvasar a carga e facer as reparacións que evitasen os riscos ou a perda do buque. Entón buscouse un emprazamento para este novo porto e aproveitar para afastar o tráfico petroleiro da cidade da Coruña e da súa canle de entrada a porto. O emprazamento elixido foi punta Langosteira. O custo de obra sería pagado ao 40% pola CE, o 30% por Fomento e o restante 30% pola autoridade portuaria da Coruña. Sería un proxecto no que a liberación de superficie no porto permitiría a venda de terreos que serían recualificados para un uso urbanístico.
As obras en punta Langosteira iniciáronse en 2005[5].
O primeiro buque en empregar punta Langosteira como porto foi o Blue Marlin durante as operacións de carga do HMAS Canberra en 2012.
As actividades de estiba portuaria comezaron en setembro de 2012 ca carga do buque Hammonia Korsika con 35.000 toneladas de clínker[6] e outro cargueiro con pezas metálicas fabricadas por Horta Coslada en Sabón[7].
Accidentes na construción[editar | editar a fonte]
Dende os inicios das obras en punta Langosteira en 2005 morreron cinco traballadores[8].
En novembro de 2010, 200 metros de dique foron esnaquizados por ondas de ata 17 metros[9].
En 2012 a Fiscalía solicitou dous anos e dez meses de prisión para cada un dos nove procesados como responsables dun accidente mortal dun traballador o 19 de xullo de 2005[10].
A obra do porto exterior está a ser feita pola UTE (Unión Temporal de Empresas) Langosteira formada por DRAGADOS, SATO, FPS e COPASA.
Operadores[editar | editar a fonte]
Dende a súa inauguración o porto exterior foise ocupando dando servizo a diversos operadores e para cargas.
- Pérez Torres
- Galigrain[11]
- Bombeos y Transportes Carral
- Terminales Marítimos de Galicia (TMGA)[12]
- Beijing 3E, concesión caducada[13]
- Pemex (sen actividade)
- Repsol (en proxecto)
- Deep Water Oil Transhipment Hub[14] (en trámite)
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Primeiro buque en punta Langosteira (Blue Marlin cargando o HMAS Canberra) Arteixo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Losada dice que los operadores se pelean por el puerto exterior lavozdegalicia.es
- ↑ Los operadores han invertido 30 millones en Langosteira lavozdegalicia.es
- ↑ "O drama (histórico) do Porto Exterior da Coruña", artigo de Manuel Gago Mariño no blog Capítulo 0, 3 de novembro de 2010.
- ↑ "Centro de interpretación de Punta Langosteira", La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ El puerto de los mil millones de euros. El País (en castelán).
- ↑ Cargan el primer mercante que partirá de punta Langosteira La Voz de Galicia.
- ↑ Los pontones para Senegal comienzan a llegar a Langosteira La Voz de Galicia.
- ↑ Cinco vidas en seis años elidealgallego.com (en castelán).
- ↑ El oleaje daña 200 metros del dique principal de Langosteira La Opinión
- ↑ Nueve procesados por un accidente mortal en las obras del puerto exterior La Opinión (en castelán).
- ↑ Galigrain amplía sus instalaciones en el puerto exterior de La Coruña
- ↑ Los primeros ingresos de punta Langosteira
- ↑ http://elprogreso.galiciae.com/noticia/140514/la-lluvia-de-millones-china-llegara-langosteira-en-tres-anos elprogreso.galiciae.com
- ↑ El octavo usuario de Langosteira laopinioncoruna.es