Edificio do Banco Pastor da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edificio do Banco Pastor
A Coruña - Banco Pastor 3.JPG
Fachada do edificio.
Edificio
Localización Cantón Pequeno, 1
15003, A Coruña
Coordenadas 43°22′4″N 08°24′13″O / 43.36778, -8.40361Coordenadas: 43°22′4″N 08°24′13″O / 43.36778, -8.40361
Construción
Inicio 1922
Remate 1925
Dimensións
Plantas 11
Equipo
Arquitecto(s) Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés

O Edificio do Banco Pastor é unha construción monumental de 1925 deseñada polos arquitectos Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés no Cantón Pequeno da Coruña para sede do Banco Pastor. Foi o edificio máis alto de España ata a construción da sede de Telefónica na Gran Vía de Madrid en 1929.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

En 1918 Ricardo Rodríguez Pastor e Pedro Barrié comezaron a comprar parcelas nos Cantóns para construír a sede do seu banco. A partir dese momento comezaron a modificar o tamaño das parcelas, nas que derrubaron os edificios existentes, de tres ou catro pisos con galerías.[2]

O proxecto foi encargado por Pastor e Barrié ao seu parente Antonio Tenreiro en 1919 coa idea de construír unha sede para o seu banco. Tenreiro licenciárase en arquitectura en Madrid ese mesmo ano e estableceuse na Coruña en 1921. O proxecto definitivo é de 1922. A Comisión Municipal de Obras aprobou o proxecto de edificio de 38 metros a pesar de que o máximo aceptado era de 20 metros indicando que o novo e moderno edificio faría máis fermosa a cidade.[2]

O novo edificio foi inaugurado o 11 de novembro de 1925,[2] converténdose no primeiro rañaceos de Galicia [3]

Descrición[editar | editar a fonte]

Edificio banco pastor.jpg

O edificio, de case corenta metros de altura, ocupa unha parcela de máis de 1000 metros cadrados. Foi deseñados por Antonio Tenreiro, Peregrín Estellés e Emilio Moya, aínda que só asinaron os planos os dous primeiros.[3] É de estilo ecléctico, baseado na arquitectura da Escola de Chicago e nos bancos ingleses e estadounidenses, con elementos decorativos de estilo neobarroco e art déco.[4]

Está construído arredor dun patio que dá luz a todo o edificio, empregando, de xeito pioneiro en Galicia, formigón armado e pedra artificial. A estrutura é semellante a unha columna, cunha base de tres pisos, un fuste con máis desenvolvemento vertical (seis pisos) e un chapitel que forman os dous últimos pisos, con maior decoración.[2]

A entrada realízase a través dun chafrán entre o Cantón Pequeno e a rúa de Santa Catarina. A planta baixa ilumínase mediante unha vidreira.[4]

En 1959 o edificio foi ampliado cara á rúa de Durán Loriga.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Banco Pastor fue el edificio más alto de España durante siete años". La Voz de Galicia (en español). 12-9-2010. Consultado o 6-4-2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "O Banco Pastor da Coruña: o primeiro rañaceos de Galicia". Iniciarte. Consultado o 6-4-2016. 
  3. 3,0 3,1 "El edificio de Banco Pastor en Coruña". Sociedad de Tasación (en español). 13-4-2012. Consultado o 6-4-2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Ficha en Turgalicia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Escudo de A Coruña.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]