Instituto Galego de Estatística
(Redirixido desde "IGE")
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
- Para a inmunoglobulina E ver IgE
O Instituto Galego de Estatística (IGE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1988 e que se rexe basicamente pola Lei 9/1988 de Estatística de Galicia.
Na súa misión de promover o desenvolvemento do sistema estatístico da Comunidade Autónoma presta servizos de recompilación e difusión da documentación estatística dispoñible, desenvolve bases de datos de interese público tales como referentes á poboación, nacementos, defuncións, densidade ou sobre aspectos económicos ou sociais, analiza as necesidades e a evolución da demanda de estatísticas e asegura a súa difusión.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|