Napoleón I de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Napoleón I de Francia
Napoleon I of France by Andrea Appiani.jpg
Napoléon Bonaparte
Emperador de Francia
Período: 18 de maio de 1804 - 6 de abril de 1814
Antecesor: Primeira República Francesa
Sucesor: Napoleón II de Francia
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Emperador de Francia
Período: 1 de marzo - 22 de xuño de 1815
Antecesor: Luís XVIII
(como rei de Francia)
Sucesor: Luís XVIII
(como rei de Francia)
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 15 de agosto de 1769
Lugar: Ajaccio, Córsega
Falecemento: 5 de maio de 1821 (51 anos)
Lugar: Illa de Santa Helena, Océano Atlántico
Organización:
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Joséphine de Beauharnais
Marie Louise von Österreich
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): foi tamén primeiro Cónsul de Francia entre o 12 de decembro de 1799 e o 18 de maio de 1804
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Militar
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
Firma Napoleón Bonaparte.svg
Imperial Coat of Arms of France (1804-1815).svg
{{{web}}}

Napoleone di Bouonaparte ou Napoleón Bonaparte (en francés [napoleɔ̃ bɔnɑpaʁt]), nado en Ajaccio (Córsega) o 15 de agosto de 1769 e finado en Santa Helena o 5 de maio de 1821, foi emperador de Francia a principios do século XIX e o home máis poderoso e influente de Europa. O seu reinado dá nome a toda unha época da historia de Europa, a unha longa serie de guerras, e simboliza a loita entre as correntes liberais da Revolución francesa e o absolutismo e tradicionalismo do antigo réxime. A súa impronta quedaría na permanencia das súas reformas legais e administrativas, e no recoñecemento unánime do seu prodixioso talento militar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ascenso[editar | editar a fonte]

Napoleón retratado como primeiro cónsul por Jean Auguste Ingres

Procedente dunha familia da baixa nobreza de Córsega, o seu acento foi branco das burlas dos seus compañeiros de escola en Francia, onde desenvolveu un carácter adusto e decidido. Alumno da Escola Militar de Brienne e de París. Napoleón apoiou ós revolucionarios trala Revolución francesa, en 1791 comprometeuse baixo xuramento na defensa do novo réxime. En 1792 retornou a Córsega onde participou na axitación nacionalista e revolucionaria na illa, ata a súa ruptura con Pascual Paoli. Foi subindo rapidamente de rango militar ata se converter en xeneral, tras destacar no asedio de Tolón (1793).

Foi detido por xacobino, pero posteriormente recibiu o encargo de reprimir o levantamento monárquico de París (5 de outubro de 1795; 13 de vendimario).

O 9 de marzo de 1796, contraeu matrimonio civil con Joséphine de Beauharnais viúva dun xeneral da República e nai de dous fillos.

Vitorias en Italia[editar | editar a fonte]

Nomeado polo Directorio comandante en xefe do exército de Italia en 1796, esmaga aos sardos en Mondovi e derrota aos austríacos en Lodi, Rívoli e Arcole. Un transformado exército francés toma Milán e Mantua cruza os Alpes e pon en xaque a Viena.

Napoleón encontrárase unhas tropas mal alimentadas, deficientemente equipadas e absolutamente desorganizadas. En pouco tempo converteunas no exército máis dinámico e eficaz do momento, malia a súa inferioridade numérica (tan só 37.600 homes realmente dispoñibles). A rapidez de movementos e a súa flexibilidade, a capacidade de concentrar forzas no intre e a localización máis axeitadas deixaban constancia do seu xenio militar.

Ás súas fulminantes vitorias poñen ao Imperio Austro-Húngaro na necesidade de pedir a fin ás hostilidades. Napoleón imporá as súas propias condicións sen ter en conta ao Directorio. O 17 de outubro de 1797, asínase a Paz de Campoformio que obriga a Austria a ceder a beira esquerda do Rin, Bélxica e Milán. Desaparece a República de Venecia que, como contrapartida, é outorgada a Austria.

Napoleón crea a República Cisalpina con capital en Milán e a República de Ligur, con capital en Xénova, a República Helvética, a República Romana e a República Partenopea. Outórgalles constitucións de nidia inspiración revolucionaria e convírteas en satélites de Francia. Neutraliza a Nápoles. O Papa Pío VI é detido.

O resultado das vitorias supón un alivio financeiro para o Directorio e a fin da hexemonía de Austria sobre o Norte de Italia.

Campaña de Exipto[editar | editar a fonte]

Bonaparte ante a esfinxe, por Jean-Léon Gérôme, c. 1868

No ano 1798 o goberno francés, temendo a súa popularidade, envíao a Exipto co pretexto de intentar debilitar ao Reino Unido. O obxectivo teórico era interceptar a rota cara a India. Napoleón conquista Malta e desembarca en Alexandría. Sen sufrir apenas baixas, derrotou ao exército mameluco na lendaria batalla das Pirámides. A hostilidade climática e xeográfica non compensou a táctica medieval dos mamelucos fronte a moderna formación do exército de Bonaparte. O Cairo abríalle as portas. A seguinte batalla en Salalieh permitíalle facerse dono de todo o país, pero a derrota da frota francesa en Abukir por Nelson déixao illado. A empresa de facer de Exipto unha colonia estable víñase abaixo. Turquía declaraba a guerra a Francia.

Coa fin de disuadir ao Sultán, avanza a través de Siria, toma a gornición de El Arish (que non estaba nos seus mapas) e rende Gaza e Xaffa, onde un gromo de peste detén o seu avance. Malia os éxitos iniciais, fracasa na toma de San Xoán de Acre, ben fornecida dende o mar polos británicos. Francia, que facía fronte xa a unha Segunda Coalición, segue deixándoo á súa sorte.

Turquía pretende tomar vantaxe da situación facéndose con Exipto. O pachá de Damasco adiántase a facer pinza sobre Napoleón, pero este desbarata aos 25.000 xinetes sirios no Monte Tabor sen apenas sufrir baixas. Decatándose do comprometido da súa avanzada posición, decide volver a Exipto onde a súa cabalaría barre ao exército otomán en Abukir. Tras esta vitoria, decide regresar a Francia. A recente noticia da seu último éxito militar permitíalle ser recibido como un heroe.

Os científicos dos que Napoleón se fixo acompañar, deron lugar á exiptoloxía. Isto, especialmente tralo descubrimento da pedra Rosetta coa clave para descifrar os xeroglíficos, revolucionaría os coñecementos arqueolóxicos e históricos da historia da humanidade.

Golpe de Estado, Consulado e Imperio[editar | editar a fonte]

Napoleón cruzando os Alpes, obra de Jacques-Louis David

Cando Napoleón chega de Exipto lanzará unha dura invectiva contra o Directorio: ¿Que fixestes da Francia que eu vos deixei puxante? . Coa revolución estancada nunha dura crise e exhausta despois de duras represións e conflitos, o sentir popular buscaba un cambio enérxico. O 10 de novembro de 1799 (18 e Brumario, ano VII) Napoleón derruba o Directorio e disolve o Consello dos Cincocentos coa axuda do Presidente da Asemblea, o seu irmán Luciano: a toma do Poder está consumada.

Constitúe un triunvirato de cónsuis con el á cabeza, Fouché como xefe de orde pública e Talleyrand en Asuntos Exteriores. Napoleón instálase nas Tullerías e inicia un traballo frenético en tódolos terreos.

O primeiro desafío era conter o avance de austríacos e rusos que expulsaran ao exército francés de Italia. Decontado Napoleón oferta a paz a Austria e a Inglaterra. Rexeitada esta, toma o mando das tropas en Italia, cruza os Alpes e en menos dun mes chega a Milán e consegue manobrar sobre a retagarda dos austríacos. Procura atraer ao groso do exército inimigo e asestarlle un golpe decisivo. Este terá lugar coa vitoria de Marengo (14 de xuño de 1800). Austria resígnase a volver á situación da paz de Campoformio. En 1802 Napoleón restaura o Estado Pontificio e se proclama primeiro Cónsul da República Italiana.

Os trunfos militares consolidan a súa posición. No interior, tanto a oposición xacobina como a realista organiza varios complots. O 24 de decembro de 1800, un estoupido ao paso do carruaxe do primeiro cónsul causa 22 mortos, pero o atentado non acada o seu obxectivo. Estes feitos foron a escusa perfecta para desencadear detencións e fusilamentos, ao tempo que puñan a opinión pública ao seu favor. Napoleón é elixido mediante plebiscito cónsul vitalicio en 1802. Unha nova consulta gañada por inmensa maioría dará lugar ao paso definitivo: O 2 de decembro de 1804, coróase como Emperador de Francia en Notre Dame de París baixo o nome de Napoleón I. Á solemne cerimonia asiste como testemuña o Papa Pío VII. Esváese o ideal revolucionario.

Goberno[editar | editar a fonte]

Elabórase unha Constitución redactada por Sieyes: O Senado elixe ao primeiro Cónsul, e aos cónsuis auxiliares. O primeiro Cónsul controla o exército e a administración. Consolídase unha administración centralizada que divide o territorio en departamentos dependentes directamente do poder executivo.

A Igrexa é expulsada do ámbito educativo. A educación inculca á fidelidade ao novo réxime. O Papa Pío VII, asina o Concordato (1801) que evita a persecución aos eclesiásticos a cambio de lealdade ao Estado.

En 1800, créase o Banco de Francia, e en 1802 as cámaras de comercio. Un Tribunal de Contas fiscalizaba a xestión da Facenda Pública.

Comeza unha importante mellora económica. A unidade de mercado favoreceu a produción agrícola e industrial. Incrementouse o consumo de viño e carne, o que era síntoma dunha mellora do poder adquisitivo da poboación. Industrias como a azucreira, a téxtil e a do ferro desenvolvéronse con rapidez. Subsidios, feiras e exposicións estatais contribuían ao novo dinamismo mercantil. Pulo importante foron tamén as grandes e innovadoras obras públicas: a ponte das Artes, a cúpula do mercado de graos, o porto de Cherburgo e Antuerpen, novas redes de estradas de dimensión continental, o Arco de Triunfo e a columna da Praza de Vemdome, as pontes cos nomes das grandes vitorias, etc.

No ámbito do dereito garántense as liberdades civís mediante a promulgación do Código Civil, o Código Penal, o Código de Comercio e o Código de Instrución Criminal. Pero as liberdades políticas son afogadas pola censura, a subordinación do poder xudicial, e a hexemonía do aparello policial.

No ámbito social, parte da nobreza retorna e comparte coa alta burguesía a configuración dunha nova clase dirixente. Co nacemento do Imperio francés, xurde un novo espírito cortesán. En 1810, Napoleón casa coa filla de Francisco I de Austria, María Luisa. Pretende facer agromar unha nova dinastía imperial.

Dono de Europa[editar | editar a fonte]

Napoleón I

En 1805, créase a terceira coalición internacional que declara a guerra a Napoleón. Este vence en Saafeld e atrapa ao exército austríaco en Ulm, na rede caen 50.000 prisioneiros, toma Viena. Nun alarde estratéxico espectacular e nun falso intento de retirada envolve e esmaga ao groso do exército austríaco e ruso en Austerlitz e deixa fora de xogo ás tropas prusianas. Malia a súa inferioridade numérica os franceses só perden 8.000 homes fronte aso 35.000 aliados.

Austria acepta unha rendición humillante: asina o Tratado de Pesburgo (20 de decembro de 1805), cede Venecia, Dalmacia e o Tirol e Lindau. Prusia e Austria han de recoñecer a Confederación do Rin na que Napoleón experimenta un primeiro ensaio de unidade dos principados alemáns, todos eles submisos ao seu poderío. Seculariza aos principados eclesiásticos e xera un contrapoder de pequenos estados alemáns fronte a Prusia.

O 6 de agosto de 1806, Francisco II de Austria é obrigado a renunciar á coroa imperial, chegando así ao seu final a milenaria historia do Sacro Imperio Romano Xermánico.

O poderío en Europa central é total, pero a derrota da frota franco-española a mans de Nelson en Trafalgar, consolida o dominio británico dos mares. Abandonada a idea de invadir Inglaterra, ordénase o bloqueo continental co fin de atafegala comercialmente.

En 1806 un ultimato de Prusia, Rusia e Saxonia esixe a retirada das tropas francesas da beira dereita do Rin e a desaparición da Confederación do mesmo nome; erguíase a cuarta coalición. Napoleón vence en Jena e entra en Berlín. Persegue ás tropas prusianas que son aniquiladas en Prenzlau e Ratkau. En pouco máis dun mes de campaña as forzas xermanas quedaban reducidas á nada.

Rusia seguía coas espadas en alto. Napoleón avanzou ao seu encontro cruzando Polonia como un liberador. Tras a dura vitoria de Eylau, consegue derrotar con claridade ao exército ruso en Friedland (xuño de 1807). Nesta batalla, con 20.000 baixas, por 8.000 das francesas, os rusos perderon máis do 30 por cen dos seus efectivos. O mariscal francés Soult apodérase de Königsberg. Murat ameaza as fronteiras naturais da Santa Rusia.

Os éxitos militares franceses forzan ao tsar Alexandre I a asinar a Paz de Tilsit pola que Francia queda dona da Prusia Oriental e Polonia. Napoleón creará dous novos estados satélites: o reino de Wetsfalia que entregará ao seu irmán Xerome Bonaparte e o Gran Ducado de Varsovia, primeira experiencia dun estado polaco contemporáneo.

En 1807, decrétase o bloqueo continental contra Inglaterra. Ocúpanse os países que non o acatan: Portugal, Roma, Etruria, Holanda e Wetsfalia. Luís Bonaparte é proclamado rei de Holanda; Xerome Bonaparte rei de Wetsfalia.

O 27 de outubro de 1807 asina con España o Tratado de Fontainebleau no que acorda a división de Portugal. Un exército de cen mil homes ocupa España e, tras o Motín de Aranjuez, abdica Carlos IV en Fernando VII. Ámbolos dous renuncian en Bayona e Napoleón proclama rei de España ao seu irmán Xosé Bonaparte, que é recoñecido polo Consello de Castela. Porén as Xunta do Reino de Galicia e outras xuntas sublévanse e aparece unha resistencia de carácter popular. Iníciase o que se coñece como a Guerra da Independencia española

Napoleón en España[editar | editar a fonte]

O 19 de agosto de 1808 o xeneral francés Dupont sufriu unha tremenda derrota en Bailén: 18.000 soldados franceses rendíanse perante ao xeneral Castaños. Arthur Wallesley (futuro duque de Wellington) faise con Portugal. As tropas francesas bátense en retirada.

Ante o desastre español, Napoleón púxose persoalmente á fronte de exército o 30 de agosto de 1808. En dous meses, tras derrotar ás forzas españolas en Gamonal, Espinosa e Tudela, e acadar unha vitoria en Somosierra, rendeu Madrid. Quedando abolidas en España a Inquisición e os privilexios feudais, creouse un mercado único e restableceuse a Constitución de Baiona. Napoleón avanzou ata o Noroeste; dividindo ás forzas británicas: Wallesley fuxiu a Lisboa; Sir John Moore escapou a marchas forzadas ata A Coruña. Cando estaba a piques de alcanzalo, Napoleón tivo que volver a Francia debido ao levantamento de Austria. Poucos días despois Moore caeu na batalla de Elviña.

A finais de 1810 toda a Península Ibérica estaba ocupada polo exército francés, agás Lisboa, Cádiz e o Reino de Galicia. A Igrexa alentaba á guerrilla contra os impíos franceses. Convocáronse as Cortes de Cádiz. Pero, co tempo, España converteríase nunha sangría de homes e recursos para Francia. O propio Napoleón decatouse de que se trataba dunha guerra sen fronte nin retagarda.

Levantamento austríaco[editar | editar a fonte]

Retrato de Napoleón, obra de Jacques-Louis David (1812)

Austria pretende aglutinar un levantamento popular alemán e o arquiduque Carlos reorganiza un poderoso exército de 340.000 homes inspirándose no modelo francés. Calculábase que Francia non podería enviar un gran exército debido á necesidade de controlar España e Portugal. O ataque austríaco desencadeouse o 9 de abril de 1809 sen mediar previa declaración de guerra.

Napoleón volve de España, e tomando man dun importante recrutamento de mozos de reemprazo organizou un avance polo val do Danubio. Vence en Abensberg e Eckmühl facéndose con Baviera. Tras estas vitorias marchou sobre Viena e, tras a batalla de Ebersberg, entra na capital imperial. Esta última acción primou o criterio político sobre o militar e supuxo deixar de premer directamente ás castigadas forzas inimigas. Estas, con tempo para reorganizarse, achegáronse a Viena, e aproveitando as crecidas do Danubio atraparon ás tropas napoleónicas na sanguenta batalla de Aspern-Essling (arredor de 22.000 baixas en cada bando). Era a primeira vez que o Emperador de Francia era vencido á fronte das súas tropas.

Facendo gala dunha contundente capacidade de resposta e de concienciuda destreza táctica, faise de novo coa iniciativa e derrota ás tropas austríacas en Wagram (xullo de 1809). Unha batalla de proporcións descoñecidas ata entón onde se enfrontaron directamente ao redor de 330.000 homes.

Austria vese obrigada a asinar a Paz de Schönbrunn, na que perde gran parte do seu territorio a prol de Baviera, o Gran Ducado de Varsovia, Francia e Rusia. Renuncia a toda saída ao mar. Austria é de novo humillada, pero Europa comproba que Napoleón non é invencible.

Napoleón buscou sellar unha alianza perpetua cos Habsburgo, e o 1 de abril de 1810 casou coa arquiduquesa de Austria María Luisa, filla de Francisco II. Vencellábanse así as monarquías máis nova e máis vella de Europa. O herdeiro que Napoleón buscaba naceu o 20 de marzo de 1811. Outorgaríaselle o título de Rei de Roma. Con Massena controlando a axitada España, toda Europa volvía a estar aos pes do Imperio francés.

Campaña de Rusia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Invasión napoleónica de Rusia.
Napoleón retirándose de Moscova

O afogo económico fai que Rusia abandone o bloqueo continental imposto a Inglaterra. Napoleón cre necesaria unha acción directa contra Rusia. Co apoio de Prusia e Austria reúne un exército de seiscentos mil homes que invade Rusia.

Acada as vitorias de Smolensko en agosto de 1812. Os rusos empezan unha longa retirada mediante unha estratexia autodestrutiva de terra queimada. Buscan illar aos franceses na inmensidade de Rusia. Por fin ofrecen resistencia ás portas de Moscova onde son vencidos na batalla de Borodino. Napoleón toma Moscova, que tamén é incendiado polos rusos. Agarda en balde unha mensaxe de paz do Tsar.

Un forte inverno forza unha retirada tardía que sepultará ao exército baixo a neve, o frío e a fame. Napoleón consegue forzar o paso do Beresina, a costa de grandes perdas. Só uns poucos miles logran sobrevivir. O Gran Exército queda reducido á nada. Toda Europa se levanta contra Napoleón.

Todos contra Napoleón[editar | editar a fonte]

As ideas nacionalistas, inspiradas no espírito revolucionario francés, prenden entre os pobos de Europa. Os exércitos franceses perden o apoio popular dende Varsovia ata Madrid. As grandes potencias poñen a funcionar a súa maquinaria de guerra, pero non o terán doado.

Napoleón improvisa un novo exército e, nun alarde de velocidade, derrota aos prusianos en Lutzen e Bautzen. Ten á súa mercede todo o flanco sur de Berlín, pero ante inferioridade numérica e o esgotamento das súas bisoñas tropas, opta por asinar un armisticio en Pläswitx (o que máis adiante cualificaría como a maior parvada da súa vida).

Os exércitos austríacos, prusianos, rusos, suecos e outras unidades menores gañan tempo para organizarse e intentar acurralalo. Napoleón volve a vencer en Dresde. Nunha estratexia concéntrica, os aliados buscan embolsalo en Leipzig, onde en outubro de 1813, ten lugar a denominada Batalla das Nacións. En realidade un conxunto de durísimos encontros onde os 150.000 franceses contiveron durante catro días o pulo dos 300.000 homes das tropas coligadas. Napoleón consegue retirar ordenadamente ás súas tropas, pero a costa de cuantiosas baixas (38.000, polas 54.000 aliadas). Arrasa ao exército bávaro que pretendía pecharlle o paso en Hanau, e volve a Francia onde pretende reorganizar novamente ao seu exército.

Alemaña, Italia, Holanda, Nápoles e España revólvense contra o declinante Imperio Francés. O xeneral prusiano Blücher e o austríaco Schwarzenberg entran en Francia.

Campaña de Francia[editar | editar a fonte]

Con enorme rapidez Napoleón derrota a Blucher en Brienne e asesta duros golpes aos aliados en Champaubert, Montmirail, Montereau e Vauchamps. Éxitos militares inexplicables pola inferioridade das súas tropas pero que impiden a rusos, prusianos e austríacos rodear París.

Porén Xosé Bonaparte, ao fronte da capital francesa, entende que a situación non pode sosterse indefinidamente e prefire capitular. Os aliados entran o 31 de marzo de 1814.

Napoleón conserva a capacidade operativa do seu reducidísimo exército, pero é deposto por un goberno provisional con Talleyrand ao fronte que o destitúe. O 6 de abril abdica en Fontaneiblueau. É desterrado á illa de Elba.

O Imperio dos Cen Días[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Imperio dos Cen Días.
Tumba de Napoleón Bonaparte

A restauración borbónica con Luís XVIII, provoca un enorme descontento. Napoleón retorna en marzo de 1815. As tropas enviadas para detelo póñense ás súas ordes e é aclamado en París. Fai unha oferta de paz ás potencias europeas, que non é atendida.

Os aliados organizan un dobre ataque. Blucher entra en Bélxica e é derrotado por Napoleón en Ligny. Wellington, que avanzaba polo sur, recibe durísimos ataques en Waterloo. A falta de iniciativa do xeneral francés Grouchy permite que Blücher acuda en auxilio de Wellington e as tropas napoleónicas son finalmente derrotadas (xuño 1815).

Desterrado á illa de Santa Elena, morrerá en 1821.

As monarquías absolutas pretenden recompoñer Europa no Congreso de Viena pero os seus pobos cambiarían para sempre.

Descendencia[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Giuseppe Maria Buonaparte
(1663–1703)
 
 
 
 
 
 
 
8. Sebastiano Nicola Buonaparte
(1683–1720/60)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Maria Colonna Bozzi
(1668–1704)
 
 
 
 
 
 
 
4. Giuseppe Maria Buonaparte
(1713–1763)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Carlo Tusoli
 
 
 
 
 
 
 
9. Maria Anna Tusoli
(1690–1760)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Isabella
 
 
 
 
 
 
 
2. Carlo Maria Buonaparte
(1746–1785)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
10. Giuseppe Maria Paravicini
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Maria Saveria Paravicini
(1715–bef. 1750)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Angelo Agostino Salineri
 
 
 
 
 
 
 
11. Maria Angela Salineri
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Francetta Merezano
 
 
 
 
 
 
 
1. Napoleon I, Emperor of the French and King of Italy
(1769–1821)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Giovanni Girolamo Ramolino
(1645–?)
 
 
 
 
 
 
 
12. Giovanni Agostino Ramolino
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Maria Laetitia Boggiano
 
 
 
 
 
 
 
6. Giovanni Geronimo Ramolino (1723–1755)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Andrea Peri
(1669–?)
 
 
 
 
 
 
 
13. Angela Maria Peri
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Maria Maddalena Colonna d'Istria
 
 
 
 
 
 
 
3. Maria Letizia Ramolino
(1750–1836)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Giovanni Antonio Pietrasanta
 
 
 
 
 
 
 
14. Giuseppe Maria Pietrasanta
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Paola Brigida Sorba
 
 
 
 
 
 
 
7. Angela Maria Pietrasanta (1725–1790)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
15. Maria Giuseppa Malerba
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Napoleón I de Francia
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Napoleón I de Francia
P history.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]