Saltar ao contido

Casa da Aduana da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa da Aduana
Imaxe
Localización
 País
 Coordenadas
Wikidata

A Aduana Real é un edificio de estilo clasicista situado no barrio da Pescaría da Coruña.

En 1761 instalouse na Coruña a Real Intendencia de Rendas, nun edificio alugado na avenida da Mariña. Considerado axeitado o lugar decidiuse comprar o local e os edificios contiguos.[1]

O edificio foi construído como sede da Aduana Real en 1768, segundo o deseño de Pedro Cermeño.[1] Debería formar un conxunto coas casas de Paredes, mais o proxecto quedou inacabado.[2]

A mediados do século XX pasou acoller o Goberno Civil da provincia da Coruña, convertido en 1997 en subdelegación do goberno.[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A aduana real é un edificio de cantería que dá a tres rúas con dúas fachadas. A máis monumental é a da rúa Real, con pilastras xónicas. A fachada lateral, probablemente de Faustino Domínguez Domínguez, é do século XIX.[2]

No século XX engadiuse un andar, destruíndose as bufardas.[2]

  1. 1 2 "La Real Aduana y las Casas de Paredes". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2018. Consultado o 25 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 3 "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
  3. "Ley 6/1997, de 14 de abril, de Organización y Funcionamiento de la Administración General del Estado". Boletín Oficial del Estado (90): 11755–11773. 15 de abril de 1997. Consultado o 24 de outubro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]