Xosé Baldomir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Baldomir, retrato en Vida Gallega, 1918.

Xosé Baldomir Rodríguez, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865[1] e finado o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Discípulo de Marcial Torres del Adalid. Deu clase na Escola de Belas Artes da Coruña, interveu en varios tribunais de oposicións e presidiu o xurado de certames musicais para orfeóns, bandas e coros galegos. Foi director dos orfeóns "El Eco" e "El Brigantino", das orquestras do "Liceo del Brigantino", da orquestra da sociedade "Bretón de los Herreros" e dos coros e orquestra das Fillas de María. En 1906 foi invitado a dar un recital no Ateneo de Madrid e tamén realizou unha xira por España, Francia e Portugal.

Foi nomeado académico da Real Academia Provincial Coruñesa de Belas Artes (1905), da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (1922) e numerario da Real Academia Galega (1941).

Obra[editar | editar a fonte]

Baldomir destacou como compositor de cancións, se ben tamén escribíu música instrumental e a zarzuela Santos e meigas (Idilio Campesino en un acto) en colaboración con Vicente Lleó sobre libreto de Manuel Linares Rivas. Desenvolveu actividades de musicoloxía recollendo temas tradicionais galegos para Cantos y bailes populares de España, de José Irizanga e Cancionero Musical Popular Español, de Felipe Pedrell [2].

Creou obras sobre a base de poemas de Rosalía ("Ti onte, mañán eu"; "Grilos e ralos"...), Pondal ("Monte Branco"; "Ten o seu punto a rosa"), Cabanillas ("Camiño da ermita"; "O cantar"...), Curros ("¿Cómo foi?") e de outros poemas casteláns.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Registro bautismal de Jose Ventura Eduardo Gregorio Valdomir. Archivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela. Cota P009073. Parroquia de San Nicolás. Libros de bautizados, tomo 24, folio 299.
  2. Biografía en Galegos.info

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]