Camariñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°07′48″N 09°10′49″O / 43.13000, -9.18028

Camariñas
Escudo de Camariñas
Concello de Camariñas.jpg
Casa do concello
Situacion Camariñas.PNG
Situación
Xentilicio[1]camariñán/camariñá
camariñés/camariñesa
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Terra de Soneira
Poboación5.188 hab. (2022)[2][3]
Área51,9 km²[3]
Densidade99,96 hab./km²
Entidades de poboación4 parroquias[4]
Capital do concelloCamariñas
Política (2019[5])
AlcaldeSandra Ínsua (PSdeG-PSOE[6])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 8
Eleccións municipais en Camariñas
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes85,05%
Na rede
www.camarinas.net
editar datos en Wikidata ]

Camariñas é un concello da provincia da Coruña, encravado na Costa da Morte e pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2014 tiña 5774 habitantes (6226 no 2010, 6323 no 2006, 6467 no 2005, 6502 no 2004, 6597 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é camariñán[8][9] ou camariñés[10].

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 2014 5774 habitantes
Menores de 15 anos 613 (10,62 %)
Entre 15 e 64 anos 3612 (62,56 %)
Maiores de 65 anos 1549 (26,83 %)
Evolución da poboación de Camariñas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
4153 5288 5707 7220 6502 6226 6082
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Topónimo[editar | editar a fonte]

Camariñas é un fitónimo procedente da camariña, arbusto que medraba no areal de Camariñas,e que antano tiña difusión por toda a franxa atlántica de Iberia[Cómpre referencia]. Tamén deu o seu nome á vila da Pobra do Caramiñal. Agora esta planta medra unicamente en escasos lugares, coma nos Azores, Punta Umbría en Andalucía, e abundantemente no areal de Trece, en Camariñas, que é o corazón da Costa da Morte.

Cultura[editar | editar a fonte]

No quebraondas do pobo de Camelle o alemán Manfred Gnädinger creou unha casa-escultura que, decorada coas súas obras artísticas e que reflectía a súa relación co mar. Tras o falecemento do artista (relacionado coa contaminación deixada polo chapapote verquido polo petroleiro Prestige), unha Fundación coida o seu legado[11]

O porto de Camariñas tamén é punto final da 5º etapa e principio da 6º do Camiño dos Faros.

Produtos típicos[editar | editar a fonte]

Son célebres os encaixes de Camariñas.

Camariñas na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

O nome da vila é mencionado en ditos como:

  • Camariñas, Camariñas,/ El-Rei te quixo vender,/ o que merque Camariñas/ moito diñeiro ha de ter [12].
  • Nosa Señora da Barca/ ten uns zapatiños brancos,/ as mozas de Camariñas/ vanllos ver os días santos [13]

Camariñas [14] é o título dunha cantiga popular galega que foi cantada, entre outros por Rosa Cedrón, Luz Casal con Luar na Lubre, e a escocesa Julie Fowlis, nunha versión coa orquestra da BBC que combina as linguas galega e a gaélica de Escocia.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Camariñas

Camariñas (San Xurxo) | Camelle (O Espírito Santo) | A Ponte do Porto (San Pedro) | Xaviña (Santa María)

Lugares de Camariñas[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Camariñas vexa: Lugares de Camariñas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Camariñas".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Resultados eleccións municipais de 2019
  6. Concello de Camariñas na FEGAMP
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camariñán.
  9. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  10. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camariñés.
  11. [1]
  12. Xosé Filgueira Valverde: Segundo Adral, Ediciós do Castro, Sada 1981, 254.
  13. Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 183.
  14. "Letra de CAMARIÑAS de Cantigas Populares Galegas". musica.com. Consultado o 2022-11-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.