Fundado ao amparo da Lei de Bancos de 28 de xaneiro de 1856, autorizado por Real Decreto de 25 de novembro de 1857 (publicado o 9 de xaneiro de 1858),[1] abriu as súas portas o 1 de xullo de 1859.[2]
Foi fundado como banco emisor por 25 anos, cun capital social de catro millóns de reais de billón. Naceu por iniciativa dun grupo de comerciantes e empresarios coruñeses, que promoveron a creación dun banco propio que salvagardase a autonomía local fronte ao establecemento dunha sucursal do Banco de España que puidese supor un obstáculo ao desenvolvemento do comercio da Coruña.
O 15 de novembro de 1875, desapareceu como tal por mor do Decreto Echegaray de 1874 que establecía o monopolio da emisión de billetes no Banco de España. Posteriormente unha gran parte dos accionistas crearon El Crédito Gallego.[3] De novo, volveu aparecer coa denominación anterior o 8 de decembro de 1917 cun capital de 5000000 de pesetas.[3] En 1934 era o 34º banco español.[4] En 1970 absorbeuno o Banco de Bilbao.
Facal, Mª Jesús (2016). "El banco de La Coruña (1857-1874)". En Sudriá Triay, Carles; Blasco-Martel, Yolanda. La pluralidad de emisión en España, 1844-1874. Biblioteca Nueva S.L. pp.380–402. ISBN978-84-92937-63-9.
Mirás Araujo, Jesús (2007). Continuidad y cambio en la España urbana en el período de entreguerras. Análisis de una ciudad española. Oleiros (A Coruña): Netbiblo. ISBN978-84-9745-007-2.