Saltar ao contido

Praza de María Pita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Praza de María Pita
Concello da Coruña
Pazo do Concello
Tipoloxíapraza
Titular da víaConcello da Coruña
Dimensións
Lonxitude99,5 m
Largura120 m
Área11144
Formatorectangular
Localización
LocalidadeA Coruña
Código postal15001
Como chegar
Bus
TaxiPorta Real

A praza de María Pita é o centro neurálxico da cidade da Coruña, e nela atópase a casa do concello no palacio de María Pita.[1]

A praza foi proxectada polo arquitecto Juan de Ciórraga en 1877[2] tralo derrubamento da muralla, a fin de resolver o paso da cidade vella para a Pescadería. O recinto foi pavimentado en 1936 e asfaltado na década de 1950 durante o mandato como alcalde de Alfonso Molina. Na década seguinte permitiuse o estacionamento, que non se suprimiu ata 1987, coa construción do aparcadoiro subterráneo e o túnel que implicou a peonalización.[3][4]

Antigamente recibiu o nome de praza de Alesón, Liberdade e Derribo.[5]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A praza forma un gran rectángulo de máis de 10 000 . Nunha das súas frontes atópase o palacio do concello, rodeado polas outras tres partes por edificios porticados e culminados nunhas espléndidas galerías, típicas da arquitectura galega.

A contorna complétase coa estatua de María Pita, que preside a praza mirando para a casa do concello. A súa realización e colocación na praza tivo lugar en 1998.[6]

Baixo os soportais dos edificios atópanse diferentes locais de hostalería como bares, cafeterías e restaurantes. No exterior destes soportais existen dende 2002[7] unhas terrazas pechadas e envidradas para a utilización destes locais, que suscitaron moita polémica na súa colocación, polo impacto estético que supón a súa presenza para a contorna monumental da praza.[8]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]