Partido dos Socialistas de Galicia
![]() | Este artigo está desactualizado. A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) | |
---|---|
Partido político de Galicia | |
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Gonzalo Caballero |
Mocidades | Xuventudes Socialistas de Galicia |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Centro esquerda Socialismo Galeguismo (política) |
Representación | |
Parlamento de Galicia | 14 / 75 |
Deputados por Galicia (Congreso) | 6 / 23 |
Senadores por Galicia | 4 / 19 |
Deputados provinciais en Galicia | 37 / 108 |
Alcaldías en Galicia | 94 / 313 |
Concelleiros en Galicia | 1.039 / 3.766 |
Outros datos | |
Sede | Santiago de Compostela |
Páxina web | psdeg-psoe.gal |
- Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxase Partido Socialista Obrero Español en Galicia.
O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político galeguista e socialdemócrata de ámbito galego.
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
Federado ao Partido Socialista Obrero Español, conta con 1039 concelleiros, 37 deputados provinciais e 18 deputados no Parlamento de Galicia e 6 no Congreso dos Deputados. Tiña 25.423 militantes no ano 2000, tras unha depuración interna da listaxe de militancia no ano 2002 quedou reducida a 10.500. Segundo datos publicados o 6 de marzo de 2006 conta con 27.551 afiliados, deles 19.307 activos.
Nas eleccións do 2005, o PSdeG-PSOE acadou 25 parlamentarios. A través dun pacto cos nacionalistas galegos do BNG, conseguiu a presidencia da Xunta de Galicia: Emilio Pérez Touriño, daquela secretario xeral dos socialistas foi o presidente dun goberno de coalición. Nas eleccións de 2009 o PSdeG-PSOE tivo un retroceso en votos e, aínda que conservou o mesmo número de escanos, non lles foi abondo aos partidos do goberno para conservalo. O 2 de marzo de 2009, Emilio Pérez Touriño dimitía como secretario xeral, e un mes despois era substituído por Pachi Vázquez, quen dirixe a formación dende o 24 de abril de 2009 ata 2013. Dende entón, o secretario xeral é José Ramón Gómez Besteiro, ata a súa dimisión en 2016 polo caso das Torres Garañón, no que estaba imputado. A partir de entón, o partido está presidido por unha Comisión xestora.
O colectivo da mocidade do PSdeG-PSOE é as Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG).
O PSOE en Galicia adoptou o nome de Partido Socialista de Galicia no Congreso Extraordinario de novembro de 1977 e por diversos contenciosos co Partido Socialista Galego modificou o seu nome en 1980 para adoptar o actual.

Secretarios xerais[editar | editar a fonte]
- Francisco Vázquez Vázquez, 1ª vez (1977-1985)
- Antolín Sánchez Presedo (1985-1993)
- Francisco Vázquez Vázquez, 2ª vez (1993-1998)
- Emilio Pérez Touriño (1998-2009)
- Pachi Vázquez (2009-2013)
- José Ramón Gómez Besteiro (2013- 2016)
- Comisión Xestora (2016-2017)
- Gonzalo Caballero (Dende 2017)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Resultados Electorales en Galicia: Elecciones Autonómicas 2016". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-10-20.
- ↑ Senadores por procedencia geográfica Páxina web do Senado. Recuperado o 29 de xullo de 2015.
- ↑ Nova composición das deputacións. praza.gal, 25/05/2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Partido dos Socialistas de Galicia |