Castro de Nostián
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 43°21′5″N 8°27′27″O / 43.35139, -8.45750
Castro de Nostián | |
---|---|
Parroquia | Visma |
Concello | A Coruña |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15030002 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | ? |
Data da descuberta | ? |
Períodos de escavación | 1970 e 2002 |
Estado actual | ? |
Extensión estimada | ? ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Nostián é un poboado pertencente á cultura castrexa situado no lugar de Nostián, cerca da refinería da Coruña.
Historia[editar | editar a fonte]
Realizáronse nel unha serie de sondaxes ou catas na década dos anos 70, dirixidas por C. Alonso del Real y Ramos e José Manuel Vázquez Varela.
No ano 2002, e grazas a un convenio entre o concello da Coruña e Repsol (empresa propietaria dos terreos nos que se atopa o castro), procedeuse ó acondicionamento da zona. Os traballos consistiron na roza da maleza e a limpeza da superficie do castro, así como a consolidación dos restos de dúas vivendas castrexas que foran exhumadas en 1970 e estaban desde entón no abandono.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Juan Ramón Vidal Romaní, José Manuel Vázquez Varela: Prospecciones arqueológicas en el caso de Nostián: estudio petrológico (en Actas de las I Jornadas de Metodología Aplicada de las Ciencias Históricas, Vol. 1), 1975, ISBN 84-600-1820-2, páxs. 59-64.