Instituto da Lingua Galega
O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971[2] para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Tivo un papel destacado na elaboración das normas da lingua galega de 1982 de forma conxunta coa Real Academia Galega, como nas reformas de 1995 e 2004 aprobadas pola RAG [3].
Historia[editar | editar a fonte]
Está dirixido dende xuño de 2018 por Xosé Luís Regueira.[4]
Anteriormente estivo dirixido por Ernesto González (marzo de 2013-xuño de 2018)[5], Rosario Álvarez (desde finais do 2005 a marzo de 2013) e por Antón Santamarina Fernández (1991-2005). O seu primeiro director foi Constantino García González, estando á fronte da sección de lexicografía Antón Santamarina Fernández.
O seu labor non queda niso: o traballo coas novas tecnoloxías da información é meritorio (Tesouro medieval informatizado da lingua galega en colaboración co CIRP, e Tesouro informatizado da lingua galega).
Acolle no seu seo conferencias, congresos, simposios, xuntanzas e encontros sobre diferentes temas relacionados coa lingua e literatura galegas (normalización lingüística, historia da lingua galega, ensino, sociolingüística etc.)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Informe de Xestión 2015, da USC. páx. 105.
- ↑ A lingua pide paso, La Voz de Galicia, 29 de abril de 2018.
- ↑ "Presentación" e "Nota á décimo terceira edición" das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.
- ↑ "O catedrático Xosé Luís Regueira é o novo director do ILG da USC". USC. 25 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
- ↑ "Ernesto González, novo director do Instituto da Lingua Galega da USC", artigo en El Correo Gallego, 26 de marzo de 2013 (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego
- Normativa oficial do galego
- Real Academia Galega
- Recursos Integrados da Lingua Galega