Saltar ao contido

Rúa Panadeiras (A Coruña)

Rúa Panadeiras
Tipoloxíarúa
Dimensións
Lonxitude0,21 km
Formatoun carril en cada sentido mais beirarrúas
Localización
InicioPraza de España
FinRúa do Orzán

A rúa Panadeiras[1] é unha rúa residencial e comercial da Coruña situada no barrio da Pescaría da cidade.[2]

Na rúa, chamada San Sebastián, chegou a haber doce fornos de pan que lle deron o nome de Panadeiras. Entre 1849 e 1875 foi nomeada María Pita e a partir desa data aparece como “Panaderas”, agás no período 1931-1936 no que se denominou Santiago Casares Quiroga, onde está a súa casa.

A parte final da rúa, coñecida como praza de Panadeiras ou praza do Consulado, foi bautizada en 1960 como praza do Pintor Sotomayor. A rúa situada entre as Capuchinas e a Casa do Consulado nomeouse en 2013 en honra de Pedro Antonio Sánchez Vaamonde.[3]

Veciños e negocios

[editar | editar a fonte]

No edificio n.º 12 residiron Santiago Casares Paz e o seu fillo, Santiago Casares Quiroga, e alí naceu a filla deste, María Casares. Dende 2007 sitúase nel a Casa Museo Casares Quiroga.[4]

No inicio da rúa estaba a casa do Patín, doada en 1789 por Teresa Herrera para a construción dun hospital de caridade.[5]

Na rúa estiveron negocios populares como a pastelaría "La Gloria" e nela inaugurouse en 2008 o centro comercial denominado Bulevar do Papagaio.[6][7]

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Na rúa Panadeiras existen varios edificios destacados:[8]

Os edificios máis destacados da rúa son a Casa do Consulado (século XVIII) e o convento das Capuchinas (séculos XVII-XVIII), do que se conserva a igrexa e un lenzo de cantería que forma parte do Museo de Belas Artes. A casa do cura, acaroada á igrexa foi derrubada en 2004 e reconstruída de novo en 2009.[9]

Entre os elementos do espazo público catalogados están o pavimento, a fonte e o arboredo do adro das Capuchinas e o farol de fundición da praza do pintor Sotomayor.[10]

  1. Concello da Coruña
  2. Estudos previos
  3. "Una calle recuerda al inspirador de las bibliotecas locales, Sánchez Vaamonde". El Ideal Gallego (en castelán) (A Coruña). 5 de xuño de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2018. 
  4. Casa Museo Casares Quiroga
  5. López Picher, Mercedes. Los primeros años de la inclusa de La Coruña, bajo el patronato de la venerable Congregación del Divino Espíritu Santo y María Santísima de los Dolores (1793-1799) (PDF) (en castelán). A Coruña. Consultado o 14-06-2018. 
  6. Centro Comercial Bulevar do Papagaio
  7. El bulevar del Papagayo abre sus puertas tras siete años de trabajos
  8. "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  9. Rodríguez, Rubén D. (12 de outubro de 2014). "El cura se quedaba sin casa". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  10. Rodríguez, Ana (26 de xaneiro de 2015). "El plan especial blinda farolas, fuentes, lápidas y los murales de Lugrís". La Opinión (en castelán) (A Coruña). Consultado o 13 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]