Guadalaxara, España
Guadalaxara | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Guadalajara | ||||||
| ||||||
| ||||||
Localización | ||||||
![]() | ||||||
País | ![]() | |||||
Comunidade autónoma | ![]() | |||||
Provincia | Guadalaxara | |||||
Comarca | La Alcarría e La Campiña do Henares | |||||
Xeografía | ||||||
Altitude | 685 msnm | |||||
Superficie | 235,51 km² | |||||
Demografía | ||||||
Poboación | 87.452 hab. (2022) | |||||
Densidade | 319,89 hab/km² | |||||
Xentilicio | Guadalaxareño, arriacense e caracense | |||||
Outros datos | ||||||
Código postal | 19001-2-3-4-5 | |||||
Alcalde | Antonio Román (PP) | |||||
www.guadalajara.es |
Guadalaxara[1] (en castelán: Guadalajara) é unha cidade do centro de España, capital da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha, á beira do río Henares.
O seu censo municipal é de 87.452 habitantes (INE 2022) e a área do seu concello abrangue 267,5 km². Está situada a 55 km de Madrid. Rodéaa a autovía A-2; e dispón de parada do tren AVE na súa estación ferroviaria (sita a 7 km da cidade) e máis un servizo de trens de proximidades con Madrid.
Étimo do topónimo e historia[editar | editar a fonte]
Guadalaxara identifícase coa localidade ibera de Arriaca (cfr. vasco actual harri "pedra, rocha", e o sufixo abundancial -aga). O seu actual nome provén do árabe, mais semella ter certa relación co anterior, se é interpretábel polo vasco. Os musulmáns logo de arrasala, reconstruírona, denominándoa Wādī al-Ḥaǧārah (en árabe وادي الحجارة), que significa "río de pedras".
A partir do século XIV converteuse nunha cidade importante, en boa medida mercé á familia Mendoza. Despois dunha longa decadencia, a súa proximidade a Madrid convértea nun lugar atractivo como foco de expansión industrial e cidade-dormitorio da capital española, o que ten facilitado o seu crecemento nos últimos anos.
Monumentos[editar | editar a fonte]
- Palacio do Infantado
- Panteón da Condesa da Vega del Pozo e Duquesa de Sevillano
- Igrexa de San Ginés
- Igrexa de San Nicolás o Real
- Igrexa de Santiago
- Concatedral de Santa María da Fonte a Maior
- Capela de Luís de Lucena
- Palacio da Cotilla
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guadalaxara, España ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |