Florencio Vaamonde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Florencio Vaamonde
Nacemento2 de abril de 1860
 Ouces
Falecemento20 de outubro de 1925
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e autor
IrmánsCésar Vaamonde Lores
XénerosPoesía, prosa e ensaio
ProfesiónFuncionario de Facenda
OrganizaciónIrmandades da Fala
editar datos en Wikidata ]

Florencio Vaamonde Lores, nado en Ouces (Bergondo) o 2 de abril de 1860 e finado na Coruña o 20 de outubro de 1925, foi un historiador e escritor galego. O seu irmán César foi un destacado historiador.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Bergondo no seo dunha familia fidalga que en 1878 se trasladou á Coruña. Alí pasou a súa vida traballando como funcionario de Facenda. Florencio Vaamonde foi un escritor do Rexurdimento, preocupado pola lingua galega e polo esplendor da súa literatura. Foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega (1906) e colaborou na Revista Gallega de Galo Salinas. Vaamonde Lores quixo introducir novas correntes e tendencias na nosa literatura. Quizais guiado pola súa condición de historiador, creou o primeiro poema épico escrito no noso idioma, Os Calaicos 1894, que canta as fazañas de María Pita (mito que sería modificado en épocas posteriores por motivos ideolóxicos). Da lectura das súas obras despréndese a vontade de crear unha lingua culta.

Alén disto, abrazou a ideoloxía rexionalista e acudiu aos faladoiros da Cova Céltica, que se celebraban na libraría que Uxío Carré Aldao tiña na Coruña.

De pé, de esquerda a dereita, Uxío Carré Aldao, Florencio Vaamonde Lores, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez González. Sentados, José Ogea, Manuel Murguía, Manuel Curros Enríquez e Andrés Martínez Salazar, na Coruña, en outubro de 1904.

Tamén fixo unha labor de tradución dos clásicos greco-latinos ao galego, como Odas de Anacreonte (1897).[1] Usou os pseudónimos "Xan de Ouces", "Fulvio Vergodense", "Pedro de Aldarete" e "Jan Silvóso de Bouzós".

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Prosa[editar | editar a fonte]

  • Bestas bravas, 1923.
  • Anxélica, 1925, Lar.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Historia de Betanzos, 1886.
  • Resume da Historia de Galicia, 1899.[3]
  • Historia de la Agricultura en Galicia, 1910.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Florencio Vaamonde, un pioneiro na tradución dos clásicos grecolatinos" 20/10/2015, RAG.
  2. "Os Calaicos. Poema en cuatro cantos". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de xuño de 2013. 
  3. "Resume da Historia de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de xuño de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]