Federico García Lorca
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
- Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada.
Federico García Lorca | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Federico del Sagrado Corazón de Jesús García Lorca |
Nacemento | 5 de xuño de 1898 |
Fuente Vaqueros | |
Falecemento | agosto de 1936, 18 de agosto de 1936, agosto de 1936 e 19 de agosto de 1936 |
Granada e Víznar | |
Causa | Fusilamento |
Soterrado | valor descoñecido |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Facultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada) |
Ocupación | director teatral, letrista, autor, dramaturgo, poeta, músico e debuxante |
Irmáns | Francisco García Lorca, Isabel Garcia Lorca e Concepción García Lorca |
Coñecido/a por | Bodas de sangre, Yerma, Libro de poemas, Poeta en Nueva York, Poema del cante jondo, Así que pasen cinco años, El público, Diván del Tamarit, Doña Rosita la soltera o el lenguaje de las flores, La casa de Bernarda Alba, Romancero gitano, Seis poemas galegos e Noche |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz, membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), o poeta español máis lido de tódolos tempos.[1] Morreu fusilado polas autoridades franquistas un mes despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu pé ao inicio da Guerra civil española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun propietario andaluz, Federico García Rodríguez (1859-1945), e dunha mestra de escola, Vicenta Lorca Romero (1870-1959), que deixou o seu traballo para dedicarse á educación do seu fillo, e que lle transmitiu o amor pola música, Lorca foi un neno precoz que lía a Victor Hugo e Miguel de Cervantes, aínda que non destacou na escola. En 1909 a familia trasladouse á cidade de Granada: alí Lorca entrou nos círculos culturais locais e coñeceu a Fernando de los Ríos, Melchor Fernández Almagro e Manuel de Falla.
Comezou estudando na Universidade de Granada en 1914 e publicou o seu primeiro libro en 1918, Impresiones y paisajes, nado dunha viaxe de estudos que organizara un dos seus profesores a Galicia onde chega por primeira vez o 25 de outubro de 1916: visitou daquela Madrid, O Escorial, Ávila, Medina del Campo, Salamanca, Zamora, Astorga, Ourense, Redondela, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, León, Sahagún, Venta de Baños, Burgos e Segovia.[2] En 1919 instalouse na Residencia de Estudiantes de Madrid e fixo amizade con Luis Buñuel e Salvador Dalí, e grazas á súa amizade co director do Teatro Eslava, Gregorio Martínez Sierra, escribiu, en verso, a súa primeira obra teatral, El maleficio de la mariposa, estreada en marzo de 1920 no Teatro Eslava, que tan só se mantivo en cartel catro días. Lorca non volveu estrear outra obra ata 1927, con Mariana Pineda, que si foi un éxito, pero seguiu a publicar poemarios como El libro de poemas (1921), Canciones (1927).
En 1928 publicou Romancero gitano que foi outro éxito, pero que non evitou que Lorca caera nunha fonda depresión causada pola incomprensión da familia da súa homosexualidade, e mesmo veu o filme feito polos seus amigos Dalí e Buñuel Un chien andalou (1929) como un ataque persoal, ao tempo que a súa relación co escultor Emilio Aladrén, apaixonada pero non recíproca, deteriórase. Todo iso provocou a súa volta a Granada para rematar a carreira de Dereito.
En 1929 coa axuda dunha bolsa de estudos emprendeu unha xira polos Estados Unidos de América, cunha estadía específica en Nova York, que lle inspirou o poemario Poeta en Nueva York (publicado en 1940 e onde explora a súa alienación e illamento con novas técnicas poéticas). Máis tarde publicaría dúas obras teatrais (Así que pasen cinco años e El público) que escribe na súa estadía en Cuba (marzo-xuño 1930).
O día 25 de outubro é considerado o Día de Federico García Lorca en Galicia.
Segunda República[editar | editar a fonte]
Coa chegada da Segunda República e o nomeamento do seu mentor Fernando de los Ríos como Ministro de Instrución Pública, Lorca faise cargo do grupo teatral ambulante La Barraca (1932), percorrendo a España rural e achegando o teatro clásico ó mundo popular, e que lle permite visitar Galicia (A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Baiona e Ribadeo)[3] e entrar en contacto cos intelectuais galegos. Nesa época escribe a coñecida como triloxía rural: Bodas de sangre (1933), Yerma (1934) e La casa de Bernarda Alba (1936). En 1933 realizou unha xira pola Arxentina. Á morte do seu amigo toureiro Ignacio Sánchez Mejías o 11 de agosto de 1934, o poeta dedícalle o seu Llanto por Ignacio Sánchez Mejías.
Guerra civil e asasinato[editar | editar a fonte]
Lorca deixou Madrid camiño de Granada antes do estoupido da Guerra civil española. Arrestado, foi fusilado o 18 de agosto de 1936 en Fuente Grande, xunto a tres persoas máis. O autor material dos feitos foi o terratenente falanxista Juan Luis Trescastro Medina, quen diría máis tarde:
“ | Acabamos de matar a Federico García Lorca. Yo le metí dos tiros en el culo por maricón.[4] | ” |
Seis poemas galegos[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Seis poemas galegos.
García Lorca visitou pola primeira vez Galicia en 1916 na viaxe de estudos. Xa na Residencia de Estudantes en Madrid coñeceu ao musicólogo galego Jesús Bal y Gay, co que ensaiou cántigas do folclore musical galego, ao tempo que lía apaixonadamente os cancioneiros galego-portugueses e a autores galegos como Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Luís Amado Carballo ou Manuel Antonio.
En 1931 coñeceu a Ernesto Guerra da Cal, nacionalista galego que residía en Madrid dende a infancia, e entrou en contacto co ambiente galeguista de Madrid, onde ía ós faladoiros que mantiñan os entón deputados Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Ramón Otero Pedrayo na capital de España.
En maio de 1932 realizou a súa segunda viaxe a Galicia para dar unha serie de conferencias. En Santiago de Compostela fixo amizade con Carlos Martínez-Barbeito, que se afianza ao ir este a estudar a Madrid ese mesmo ano.
En agosto de 1932 está en Galicia por terceira vez, á fronte de "La Barraca", coa que actuou en varias cidades e vilas galegas, e en novembro dita unha serie de conferencias na compaña de Xosé Filgueira Valverde, e estrea na revista Yunque de Lugo o primeiro dos seus poemas galegos: Madrigal â cibdá de Santiago, escrito co asesoramento de Francisco Lamas López e Luís Manteiga.
En 1933 Eduardo Blanco Amor, entón correspondente do xornal arxentino La Nación, coñece a Lorca e dáo a coñecer na Arxentina, polo que, cando Lorca viaxou logo á Arxentina, recibiu unha calorosa acollida por parte dos arxentinos e en especial pola colonia galega. En agradecemento, Lorca escribe Cántiga do neno da tenda, e xa de volta en España desenvolve unha intensa relación de amizade con Blanco Amor, que mesmo pasará algunhas temporadas na casa dos pais de Lorca en Fuente Vaqueros. Debido á petición de Blanco Amor, Federico García Lorca accede a publicar os seus poemas galegos no libro Seis poemas galegos en 1935 co selo da Editorial Nós:[3] os poemas son composicións naturais e espontáneas, que lembran os poemas publicados en Canciones (1927), pero ó mesmo tempo insírense na tradición literaria galega. Eduardo Blanco Amor escribiu o limiar (en castelán) e sempre mantivo que os poemas eran fundamentalmente unha creación de Lorca (tanto dende o punto de vista lingüístico como de estilo), mentres Ernesto Guerra da Cal, nos últimos anos da súa vida afirmaba que fora el quen os puxera en galego: está visión apoiouna Xosé Luís Franco Grande, pero o resto dos investigadores deron a razón a Blanco Amor.
Obra[editar | editar a fonte]
Prosa[editar | editar a fonte]
- Impresiones y paisajes (1918).[6]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Libro de poemas (1921)
- Oda a Salvador Dalí (1926)
- Canciones (1927)
- Romancero gitano (1928)
- Poema del cante jondo (1931, [1921])
- Llanto por Ignacio Sánchez Mejías (1935)
- Seis poemas galegos (1935), Santiago de Compostela, Nós.[7]
- Diván del Tamarit (1936)
- Sonetos del amor oscuro (1936)
- Poeta en Nova York (1940, [1929])[8]
Teatro[editar | editar a fonte]

- El maleficio de la mariposa [1920], en verso.[10]
- Mariana Pineda (1927)
- La zapatera prodigiosa (1930)
- Retablillo de Don Cristóbal (1930)
- El público (1930)
- Así que pasen cinco años (1931).[11]
- Amor de don Perlimplín con Belisa en su jardín (1933)
- Bodas de sangre (1933)
- Yerma (1934)
- Doña Rosita la soltera o el lenguaje de las flores (1935)
- La casa de Bernarda Alba (1936)
- Comedia sin título (inacabada) (1936)[12][13][14][15]
Con versión en galego[editar | editar a fonte]
As obras de Lorca que contan cunha versión publicada en galego son:
- Yerma. Edicións Xerais de Galicia, 1990. ISBN 84-7507-503-7. Tradución de Miguel Anxo Fernán-Vello.
- Poeta en Nova York. Editorial Galaxia, 2020. ISBN 978-84-9151-471-8. Tradución de Suso Díaz.[8]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Levan o seu nome rúas, avenidas, prazas, parques, centros culturais, auditorios, un buque da navieira Baleària e o aeroporto F.G.L. Granada-Jaén.[16]
En 2018 dedicóuselle o Día do Orgullo Galego.[17] En 2019 o concello de Redondela solicitou á Real Academia Galega que considerase dedicarlle a Lorca un Día das Letras Galegas.[18]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Federico García Lorca. Biografía" (en castelán). Instituto Cervantes.
- ↑ Mariscal, Luis (2018). Alvarellos, H., ed. El gran viaje de estudios de García Lorca (en castelán). Alvarellos Editora. ISBN 978-84-16460-35-9.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Iglesias López, Francisco Xabier (14/11/2014). "Seis poemas galegos". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
- ↑ Preston 2011.
- ↑ Pérez Rodríguez 2011.
- ↑ Impresiones y paisajes Biblioteca Digital Hispánica.
- ↑ Alvarellos, H., ed. (2018). Seis poemas galegos (facsímile) (en castelán). Alvarellos Editora. ISBN 978-84-16460-53-3.
- ↑ 8,0 8,1 Edición de Poeta en Nova York do ano 2020, na páxina web da Editorial Galaxia.
- ↑ Alvarellos, Quique (4/11/2018). "García Lorca recita, en galego, en Torrejón". La Voz de Galicia.
- ↑ García Lorca, Federico (1999). Menarini, Piero, ed. El maleficio de la mariposa. Ediciones Cátedra. ISBN 978-84-376-1706-0.
- ↑ Estreada en galego por Sarabela Teatro en 2003 (Así que pasen cinco anos).
- ↑ "El Aula de Teatro de la UA estrena la obra inacabada de Lorca “Comedia sin título”". Alicantehoy (en castelán). 18/5/2017.
- ↑ "Lluis Pasqual destroza el escenario en 'Comedia sin título'". El País (en castelán). 24/5/1989.
- ↑ "Una 'Comedia sin título'" (en castelán). Consultado o 19/6/2017.
- ↑ Mantilla, Jesús Ruiz (16/12/2016). "La inacabada ‘Comedia sin título’ de Lorca ya tiene final". El País (en castelán).
- ↑ Aeropuerto F.G.L. Granada-Jaén Aena.
- ↑ "O Día do Orgullo Galego estará dedicado este ano a Lorca, cunha edición inédita dos 'Seis Poemas'". Praza Pública. 18/6/2018. Consultado o 19/6/2018.
- ↑ Leis, Iván (9/2/2019). "Redondela propondrá a la RAG que dedique un Día das Letras Galegas a Federico García Lorca". Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ Huerta de San Vicente, Granada Museo Raíña Sofía.
- ↑ Pérez Rodríguez 2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Federico García Lorca ![]() |
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Federico García Lorca |
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Federico García Lorca |
- "García Lorca, Federico". Diccionario enciclopédico galego universal 30. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 54. ISBN 84-7680-429-6.
- "García Lorca, Federico". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 975. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "García Lorca, Federico". Enciclopedia Galega Universal 9. Ir Indo. 1999-2002. p. 477. ISBN 84-7680-288-9.
- "García Lorca, Federico". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- "Federico García Lorca". Enciclopedia Microsoft Encarta (DVD) (en castelán). Microsoft Corporation. 2009.
- Caballero, M. (2011). Las trece últimas horas en la vida de García Lorca (en castelán). La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9970-070-0.
- Alvarellos, Henrique (2020). Federico García Lorca en Santiago de Compostela. Editorial Alvarellos. ISBN 978-84-16460-87-8.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 728–730. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 137.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 173. ISBN 84-7492-465-0.
- Franco Grande, X. L.; Landeira Yrago, J. (1974). "Cronología gallega de García Lorca y datos sincrónicos". Grial (Galaxia) (45).
- García-Posada, Miguel. "Federico García Lorca". Diccionario Biográfico Español (en castelán). Real Academia de la Historia.
- Gibson, Ian (2016) [1998]. Vida, pasión y muerte de Federico García Lorca (en castelán). Penguin Random House. ISBN 9788466336673.
- Landeira Yrago, José (1986). Federico García Lorca y Galicia. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-306-9.
- Martínez-Barbeito, C. (24/3/1945). "García Lorca, poeta gallego". El Español (en castelán) (Madrid): 4. Reimpreso en Grial 43 (1974), pp. 90-98
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-139-2.
- Moreno, M.ª V. (2018). É a lúa que baila… María Victoria Moreno e a lírica dos seis poemas galegos de Federico García Lorca. Galaxia. ISBN 978-84-9151-159-5. Estudo introdutorio de X. A. Montero.
- Navarro Durán, R. (2001). Diccionario de escritores en lengua castellana (en castelán). 1. Abad-Lyra. Barcelona: Planeta. ISBN 84-08-04152-5.
- Pena, X. R. (2016). Historia da literatura galega III. De 1916 a 1936. Edicións Xerais de Galicia. pp. 273–280. ISBN 978-84-9121-107-5.
- Pérez Rodríguez, L. (2011) [1995]. O pórtico poético dos Seis poemas galegos de F. García Lorca (3ª ed.). CCG. ISBN 978-84-92923-26-7.
- Preston, Paul (2011). El holocausto español (en castelán). Barcelona: Círculo de Lectores. ISBN 978-84-672-4533-2.
- Rey Hazas, A. (2012). "Introducción, notas y estudio de la obra". Bodas de Sangre (PDF) (en castelán). Vicens Vives. ISBN 978-84-682-0686-8.
- Soria Olmedo, A.; López Ruiz, J. M. (2010). Fotobiografía sonora (2 CD,s.) (en castelán). Ourense: Ouvirmos. ISBN 978-84-938276-0-1.
- Stainton, Leslie Anne (1/6/2018). "Federico García Lorca". Encyclopædia Britannica (en inglés). Encyclopædia Britannica, inc.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 250. ISBN 84-8288-019-5.
Gravacións de son | |
---|---|
![]() | |
Vídeos | |
![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Casa Museo de García Lorca en Granada (en castelán)
- Portal web de Lorca Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
- Obras dixitalizadas de Lorca na Biblioteca Dixital Hispánica da BNE.
- Arquivo Federico García Lorca 4.153 documentos, Residencia de Estudiantes.