Boqueixón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°49′31″N 08°24′57″O / 42.82528, -8.41583

Boqueixón
Escudo de Boqueixón
Concello de Boqueixón.JPG
Casa do Concello
Situacion Boqueixón.PNG
Situación
Xentilicio[1] boqueixonés/boqueixonesa
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Santiago
Poboación 4.342 hab. (2014)
Área 73,2 km²
Densidade 59,32 hab./km²
Entidades de poboación 14 parroquias
Capital do concello O Forte
Política (2015)
Alcalde Ovidio Rodeiro Tato
Concelleiros
PPdeG: 8

Outros: VB 3
Eleccións municipais en Boqueixón
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 91,51%
Na rede
www.boqueixon.com

Boqueixón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Santiago.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 4.342 habitantes (4.462 no 2009, 4.437 no 2007, 4.406 no 2006, 4.378 no 2005, 4.337 no 2004, 4.263 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boqueixonés[3].

Censo total 2014 4.342 habitantes
Menores de 15 anos 532 (12.25 %)
Entre 15 e 64 anos 2.799 (64.46 %)
Maiores de 65 anos 1.011 (23.28 %)
Evolución da poboación de Boqueixón   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014
4.232 4.432 5.062 5.511 4.337 4.417 {{{9}}} {{{10}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello de Boqueixón ten 73,2 km², e está situado na vertente dereita do río Ulla, nun sector do curso medio. Forma parte do espazo morfolóxico estendido entre a Dorsal galega cara ao océano Atlántico, coa forma dun peniplano arrasado que descende suavemente de altitude.

Ten unha topografía suave, agás na zona oeste, onde ten formas máis abruptas e empinadas. Neste sector está o monte Castelo (498 m), e no sur está o Pico Sacro (534 m). As menores altitudes están na zona sueste, na parroquia de Ponte Ledesma, a 60 m.

Historia[editar | editar a fonte]

O Concello de Boqueixón foi creado en 1836. En 1820 propúxose integrar as parroquias do actual concello no partido xudicial de Santa María a Maior e Real de Sar, e á súa vez distribuídas entre os concellos de Sar, Vilar, Santa Cruz de Rivadulla, Vedra e Touro. Porén, a proposta foi desestimada en 1821, suprimíndose o Partido e o Concello de Sar. Este último foi substituído polo de Santa Eulalia de Vigo, que agrupou a maioría das parroquias do Boqueixón actual xunto co de Vilar. Esta organización só durou ata 1823.

En 1836 a Deputación Provincial da Coruña propuxo a división municipal para o Partido Xudicial de Santiago, figurando o concello de Boqueixón con quince parroquias (as catorce actuais máis Marrozos, que se uniu en pouco tempo ao desaparecido concello de Conxo).

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boqueixón

Boqueixón (San Vicente) | Codeso (Santaia) | Donas (San Pedro) | Gastrar (Santa Mariña) | A Granxa (San Lourenzo) | Lamas (Santa María) | Ledesma (San Salvador) | Lestedo (Santa María) | Loureda (San Pedro) | Oural (Santa María) | Pousada (San Lourenzo) | Sergude (San Breixo) | Sucira (Santa Mariña) | Vigo (Santa Baia)

Lugares de Boqueixón[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boqueixón vexa: Lugares de Boqueixón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  3. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boqueixón Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Concellos da Comarca de Santiago Comarca de Santiago
Ames
Ames
Boqueixón
Boqueixón
Brión
Brión
Santiago de Compostela
Santiago de Compostela
Teo
Teo
Val do Dubra
Val do Dubra
Vedra
Vedra

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.