Vicente Aleixandre
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2014.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Vicente Pío Marcelino Cirilo Aleixandre y Merlo 26 de abril de 1898 Sevilla, España |
| Morte | 14 de decembro de 1984 Madrid, España |
| Causa da morte | tuberculose |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena |
| 22 de xaneiro de 1950 – 14 de decembro de 1984 ← Félix de Llanos y Torriglia – Pere Gimferrer → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Residencia de Estudiantes |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Poesía |
| Ocupación | poeta, escritor, mestre |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Poesía |
| Movemento | Xeración do 27 |
| Familia | |
| Cónxuxe | sen valor |
| Parentes | Concepción Aleixandre Ballester, tía |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, Λεξικό Νεοελληνικής Λογοτεχνίας, (p.55) >>>:Aleixandre, Vicente |
Vicente Pío Marcelino Cirilo Aleixandre y Merlo nado en Sevilla o 26 de abril de 1898 e finado en Madrid o 13 de decembro de 1984, foi un poeta español, pertencente á xeración do 27 e Premio Nobel de Literatura en 1977.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no seo dunha familia burguesa andaluza, pasa a súa infancia en Málaga e trasládase a Madrid onde estuda dereito e comercio. En 1917 coñece a Dámaso Alonso, que o inicia na poesía e o pon en contacto coa obra de Rubén Darío, Antonio Machado e Juan Ramón Jiménez. Entre 1920 e 1922 foi profesor de dereito mercantil na Escola de Comercio. En 1925 diagnostícaselle unha nefrite tuberculosa e observa un longo período de descanso e illamento, que aproveitará para ler a poesía de San Xoán da Cruz, Frei Luis de León e Luis de Góngora. En 1926 publica os seus primeiros poemas na Revista de Occidente. Nos anos trinta o poeta coñece a Andrés Acero e ambos os dous comezan unha intensa relación amorosa que será interrompida polo exilio a México de Andrés após a Guerra Civil. En palabras de Molina Foix, “Vicente Aleixandre era moi pudoroso da súa condición homosexual polo dano que puidese facer á súa familia, sobre todo á súa irmá, pero a min díxome que cando morrese, non lle importaría que se soubese toda a verdade; na realidade consideraba que non era ningunha deshonra”. A pesar da súa ideoloxía de esquerdas trala guerra civil española permanece en España, aínda que por un tempo non se lle permite publicar.
Obra poética
[editar | editar a fonte]No seu primeiro libro, Ámbito (1928), predomina o verso asonantado e a estética da poesía pura ao estilo de Juan Ramón Jiménez. Nos seus seguintes libros, inspirado polos precursores do surrealismo, en especial Arthur Rimbaud e Lautréamont adopta o poema en prosa (Pasión de la tierra, 1935) e o verso libre (Espadas como labios, 1932; La destrucción o el amor, 1933; Sombra del paraíso, 1944), cunha estética irracionalista e na expresión achégase á escrita automática.
Trala guerra achégase á poesía social, cun estilo máis sinxelo, dúas son as obras máis importantes deste período Historia del corazón (1954) e En un vasto dominio (1962).
Na poesía dos últimos anos volve ao irracionalismo xuvenil, aínda que máis depurado e sereno.

