A.A. Dominicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A.A. Dominicos
Cidade A Coruña, Galicia Galicia
Historia 1957
Fundado 1957
Pavillón Pavillón do Colexio dos Dominicos
Competición 1ª División Nacional
Títulos
Copa do Rei 1990
Cores           Negro e branco
Sitio web
Sitio web oficial

O club A.A. Dominicos é un club de hóckey a patíns da cidade da Coruña, que compite na 1ª División Nacional. Con máis de 50 anos de historia é, xunto co H.C. Liceo un dos equipos históricos do hóckey coruñés e galego. Entre os grandes logros do club figuran un campionato de España xuvenil, sendo o primeiro equipo galego en acadalo.

Historia[editar | editar a fonte]

O club naceu en 1957 no seo do Colexio Dominicos da Coruña, onde conseguiu contar con máis de 200 rapaces nas súas filas. En 1980 o club conseguiu o ascenso á División de Honra (agora OK Liga), categoría na que permaneceu durante 10 anos.

A Copa de 1990[editar | editar a fonte]

O maior logro do equipo chegou na tempada 1989-90, cando o club se alzaba co título da Copa do Rei ao vencer na final disputada en Alcobendas ao Reus Deportiu por 2 goles a 1, converténdose no segundo equipo galego en alzar este título (e terceiro equipo non catalán en conseguilo). O equipo adestrado daquela por Carlos Gil conseguían adiantarse na final cun gol de Fernando Avecilla no minuto oito, mais a pesar de ter numerosas ocasións os coruñeses, o marcador non se moveu. Na segunda parte, un gol de Quim López situaba a igualdade no marcador, ata que no minuto dezaseis da segunda parte Beni situaba o 2 a 1 que sería definitivo.

Os xogadores que conformaban o plantel do equipo que conseguiu o único título estatal ata a data do equipo herculino foron:

  • 1 Juan C. Yañez
  • 2 Pablo Trigo
  • 3 Fernando Avecilla
  • 4 Juan Copa
  • 5 Benigno Rodriguez
  • 6 Celso Gonzalez
  • 7 Alejandro Avecilla
  • 8 Carlos Figueroa
  • 9 Javier Losada
  • 10 Germán Taibo

Adestrador: Carlos Gil

Os anos lonxe da elite[editar | editar a fonte]

Logo da conquista da Copa do Rei o club herculino disputou a Copa CERS na tempada 1990-91, mais unha mala xestión condenou ao equipo á perda de categoría. Logo de permanecer afastado da elite do hóckey a patíns español durante moitos anos, no 2005 estivo a piques de ascender á Primeira División a pesar de ser un club modesto, nun partido que máis de 1.000 persoas presenciaron dende as bancadas. Finalmente, na tempada 2012-13, o Dominicos domina a Primeira División Galega con dous puntos de marxe sobre o Coinasa Liceo B e cinco respecto ao Escola Lubiáns, na fase de ascenso á Primeira División estatal os coruñeses impúñanse con claridade en Burgos ao RC Josaleta (2-6), ao Biesca Gijón (5-4), e ao equipo local do CP Burgos (6-3), conseguindo deste xeito o ascenso á segunda categoría do hóckey a patíns español.[1]

Base[editar | editar a fonte]

O equipo destaca pola súa base, saíndo das súas categorías inferiores xogadores coma Alejandro Avencilla ou o ex-liceista Willy Duarte. O club conseguiu clasificar a equipos de base para campionatos de España en numerosas ocasións.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]