Manuel Deschamps

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Deschamps
Deschamps.jpg
Nacemento1853
 Sigrás
Falecemento1923
 Canet de Mar
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncapitán de barco
editar datos en Wikidata ]

Manuel Deschamps Martínez, nado en Sigrás (Cambre) en 1853 e finado en Canet de Mar (Barcelona) en 1923 foi un capitán de barco galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deschamps obtivo o título de piloto en 1872, para entrar na Compañía Transatlántica seis anos despois.[1] En 1898, dirixindo o Montserrat, burlou por tres veces o bloqueo estadounidense á illa de Cuba, chegando a atracar en Cienfuegos cargado de víveres e 500 soldados.[2]

Trala guerra seguiu a súa carreira como mariño mercante, dirixindo, entre outros, o Santa Isabel na súa viaxe inaugural.[3]

En 1998 os seus restos foron trasladados ao Panteón de Marinos Ilustres de San Fernando (Cádiz), sendo o único civil soterrado alí.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Polas súas accións en Cuba recibiu a Gran Cruz do Mérito Naval, ademais dunha pensión.[4]

O concello da Coruña bautizou en 1971 unha rúa co seu nome, igual que Cambre cunha praza.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Gente de Cádiz
  2. Blanco, Katiuska (2006). Todo el tiempo de los cedros: paisaje familiar de Fidel Castro Ruz (en castelán). Txalaparta. p. 31. 
  3. Recuerdos del pasado. La historia olvidada del vapor "Santa Isabel"
  4. "Deschamps". ABC (en castelán). 5-4-1908. Consultado o 12-1-2018. 
  5. "Cambre homenajea a un héroe de la guerra de Cuba con un gran monolito", artigo en La Voz de Galicia, 8 de novembro de 2003 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]