OK Liga
| Nome oficial | Parlem OK Liga (2021–2024) |
|---|---|
| Tipo | liga deportiva |
| Deporte | hóckey a patíns |
| Organizador | Real Federación Española de Patinaxe |
| Liga inferior | Primeira División estatal de hóckey a patíns |
| Número de participantes | 16 |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Vixencia | 1969 – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Competición | |
| Primeiro posto | Igualada HC (6º) (2026) |
| Datos estatísticos | |
| Máis títulos | Futbol Club Barcelona Hóquei a patíns (35) |
| Outro | |
| Cobertura dos medios de comunicación | FORTA Esport3 Q9096530 Teledeporte Televisión de Galicia |
| Páxina web oficial | fep.es |
A OK Liga é a máxima categoría de hóckey sobre patíns en España, e é amplamente recoñecida como unha das mellores ligas do mundo. Ten dous campionatos, o masculino e o feminino.
O campión da competición e os primeiros clasificados disputan a tempada seguinte a Copa de Europa. Os clasificados nas seguintes posicións disputan a Copa CERS xunto co campión da Copa do Rei. Tradicionalmente dende a súa fundación en 1969, os equipos cataláns teñen dominado a competición masculina agás a excepción do equipo galego do H.C. Liceo da Coruña.
Historia
[editar | editar a fonte]A Liga Española de hóckey a patíns naceu en 1969 baixo a denominación de División de Honra, e na súa primeira tempada estivo integrada integramente por equipos cataláns (12 dos 13 equipos que a tempada anterior participaron na Primeira División de Cataluña, e o CE Arenys de Munt e o HC Sentmenat que ascenderan da Segunda División de Cataluña), e o seu primeiro campión foi o Reus Deportiu.
Na tempada 2002-03 mudou o seu nome para a súa denominación actual de OK Liga.
Na tempada 2009/10 cambian bastantes normas desta competición, a máis destacada é a supresión dos play-offs polo título, sendo campión o primeiro clasificado da liga regular, subcampión o segundo clasificado e dese xeito, consecutivamente. Outras normas son adquiridas de deportes como o baloncesto, fútbol sala ou balonmán no senso de posesións, criterios arbitrais etc.
Formato de competición
[editar | editar a fonte]A OK Liga dispútase en 30 xornadas na que os 16 equipos se enfrontan entre si unha vez na casa e outra vez fora. Ao final das 30 xornadas o equipo que encabeza a liga é proclamado campión, mentres que os tres últimos equipos da clasificación descenden á segunda categoría, a Primeira Nacional.
Os puntos repártense dos seguinte xeito:
- 3 puntos para o equipo gañador.
- 1 punto para cada equipo en caso de empate.
- 0 puntos para o perdedor.
Participantes 2018-19
[editar | editar a fonte]Historial
[editar | editar a fonte]| Tempada | Campión de liga | Subcampión |
|---|---|---|
| 1969–70 | Reus Deportiu | AA Noia |
| 1970–71 | Reus Deportiu | AA Noia |
| 1971–72 | Reus Deportiu | FC Barcelona |
| 1972–73 | Reus Deportiu | HC Sentmenat |
| 1973–74 | FC Barcelona | CP Voltregà |
| 1974–75 | CP Voltregà | FC Barcelona |
| 1975–76 | CP Voltregà | C.P. Vilanova |
| 1976–77 | FC Barcelona | Reus Deportiu |
| 1977–78 | FC Barcelona | CP Voltregà |
| 1978–79 | FC Barcelona | Reus Deportiu |
| 1979–80 | FC Barcelona | CP Tordera |
| 1980–81 | FC Barcelona | AA Noia |
| 1981–82 | FC Barcelona | HC Liceo |
| 1982–83 | HC Liceo | FC Barcelona |
| 1983–84 | FC Barcelona | CP Tordera |
| 1984–85 | FC Barcelona | HC Liceo |
| 1985–86 | HC Liceo | FC Barcelona |
| 1986–87 | HC Liceo | FC Barcelona |
| 1987–88 | AA Noia | HC Liceo |
| 1988–89 | Igualada HC | HC Liceo |
| 1989–90 | HC Liceo | Igualada HC |
| 1990–91 | HC Liceo | Igualada HC |
Palmarés
[editar | editar a fonte]| Equipo | Campión | Subcampión |
|---|---|---|
| FC Barcelona | 31 | 9 |
| HC Liceo da Coruña | 8 | 17 |
| Reus Deportiu | 5 | 7 |
| Igualada HC | 5 | 5 |
| CP Voltregà | 2 | 2 |
| CE Noia | 1 | 4 |
| CP Vic | 0 | 3 |
| CP Tordera | 0 | 2 |
| C.P. Vilanova | 0 | 1 |
| HC Sentmenat | 0 | 1 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
