Víctor López Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Víctor López Seoane
LopezSeoane1.jpg
Datos persoais
Víctor López Seoane y Pardo-Montenegro
Nacemento 28 de setembro de 1832
Lugar Ferrol
Falecemento 14 de xullo de 1900 (67 anos)
Lugar A Coruña
Nacionalidade Galega
Cónxuxe Francisca Riobóo Álvarez
Actividade
Campo Entomoloxía, ornitoloxía e herpetoloxía.
Alma máter USC (Medicina)
UNIOVI (Dereito).
Víctor López Seoane signature.svg

Víctor López Seoane y Pardo-Montenegro, nado en Ferrol o 28 de setembro de 1832 e finado na Coruña o 14 de xullo de 1900, foi un naturalista galego,[1] probablemente o máis importante do século XIX, que realizou importantes traballos sobre a fauna, especialmente nos campos da entomoloxía, a ornitoloxía, a herpetoloxía e a flora de Galicia.[2]

Seoane foi o naturalista galego coa contribución científica máis valiosa, un taxónomo salientable na zooloxía europea do século XIX. Exemplares de seres vivos recollidos por el figuran entre as coleccións dos principais museos de Historia Natural de Europa; formou parte de relevantes sociedades científicas europeas adicadas ao estudo da natureza e publicou en diversos idiomas en revistas especializadas prestixiosas.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

López Seoane con traxe académico.

Primeiros pasos[editar | editar a fonte]

O gusto pola natureza foi callando en Víctor López Seoane desde que, sendo neno, acompañado pola súa tía Cándida Seoane, percorría os campos ferroláns en busca de animais. Foi un coleccionista vocacional axudado por un ambiente favorable e receptivo. Por iso, chegado o momento, rexeitou seguir a tradición familiar da carreira militar na Mariña e preferiu as aulas universitarias, sacando tempo dos estudos para dedicalo ás observacións naturais.[2]

O pai de López Seoane foi destinado á comandancia de Mariña de Vigo, polo que Víctor comezou o estudo do bacharelato no Instituto de Tui en 1847, pasando logo ao de Santiago de Compostela, onde obtivo o título de bacharel en Filosofía en xullo de 1851. Durante a estancia en Santiago mantivo contactos con José Planellas (1821-1888), catedrático de Historia Natural da universidade compostelá,[2] para quen recolleu moitos exemplares de plantas para o herbario da cátedra.[3]

Estudos universitarios e primeiras publicacións sobra a fauna[editar | editar a fonte]

Gravado de 1878.

Marchou posteriormente a estudar a Madrid, onde comezou simultaneamente as carreiras de Medicina e Ciencias Naturais. En Madrid foi nomeado socio de mérito e catedrático de Botánica do Museo Popular de Madrid, publicando os seus primeiros traballos científicos nas revistas técnicas da época, como La Nueva Estrella, Semanario Enciclopédico de Ciencias ou Literatura y Artes.[3]

En 1857 foi a Andalucía para continuar os estudos de Medicina; alí prestou especial atención ás aves da zona, desenvolvendo as primeiras investigacións orixinais. Regresou a Santiago para rematar a carreira, licenciándose en medicina en xuño de 1861.[2] Nese mesmo ano publicou o Catálogo de las aves observadas en Andalucía,[4] o traballo máis completo sobre a ornitoloxía andaluza ata ese momento. En 1870 publicou unha Revisión deste Catálogo.[3]

Entre 1861 e 1863 publicou varios traballos sobre a fauna mastozoolóxica galega. Neles citaba a presenza, daquela xa escasa, de linces, osos, cervos, corzos e rebezos.

Unha vez rematada a carreira de Medicina, en 1862, pasou a ocupar, como profesor substituto, as cátedras de "Elementos de Física e Química" e "Nocións de Historia Natural" no Instituto da Coruña, onde creou un Gabinete de historia natural. En 1864 renunciou á cátedra e volveu a Ferrol, onde traballou como médico nas institucións da Sanidade Marítima, a Beneficencia e no Hospital da Mariña.[3]

Víctor López Seoane.

Empresario agrícola e investigador científico[editar | editar a fonte]

O 8 de outubro de 1869 casou con Francisca Riobóo Álvarez (1834-1919), viúva de Nicolás María Rui-Gómez y Riobóo e propietaria do pazo das Torres do Allo.[5]

Trasladouse á Coruña e ocupouse na agricultura, deixando de exercer a medicina.[2]

Nunha boa situación económica, dedicouse plenamente ás investigacións naturalistas, publicando en 1870 un catálogo sobre Aves nuevas de Galicia, no que citou por primeira vez a presenza do peto real. Avanzou os primeiros datos sobre dúas subespecies galegas de perdiz, que catalogou definitivamente en 1891.

Dedicatoria de Ernst Haeckel a López Seoane.

Proxección internacional e licenciatura en dereito[editar | editar a fonte]

Visitou diferentes museos e sociedades científicas de Europa e, nesa intensa actividade, tomou contacto con científicos do máximo nivel, como Jacques von Bedriaga, Raphaël Blanchard, Ignacio Bolívar y Urrutia, George Albert Boulenger, Odón de Buen, Lorenzo Camerano, Charles Darwin, Anton Dohrn, Mariano de la Paz Graells, Albert Günther, Ernst Haeckel, Ragnar Hult, Fernand Lataste, Juan Lembeye e Heinrich Moritz Willkomm.[6]

O recoñecemento do seu labor veuse plasmado, entre outras cousas, co nomeamento como un dos secretarios do primeiro Congreso Internacional de Zooloxía na Exposición Universal de París de 1889.[2]

Acreditación de López Seoane no Congrès International de Zoologie na Exposición Universal de Paris de 1889.

Aínda así, en 1874 comezou os estudos de Dereito en Santiago, que proseguiu na Universidade de Oviedo, na que obtivo a licenciatura.[3]

En 1876 comezou a estudar os réptiles galegos, publicando xa no ano seguinte a primeira obra específica neste tema, Reptiles y anfibios de Galicia. Identificou por primeira vez para a ciencia unha especie de lagarta (Podarcis bocagei), en 1884 e unha ra (Pelophylax perezi), en 1885, ambas especies comúns en Galicia.[3]

En 1885 redactou os capítulos dedicados á historia natural galega na enciclopédica obra Historia de Galicia, dirixida por Manuel Murguía, con quen asistía ós faladoiros da Cova Céltica[2]. Este traballo foi o primeiro intento de recompilación de todos os coñecementos dispoñibles nese momento sobre o medio natural galego. No campo da entomoloxía recollía a relación máis completa dos insectos presentes en Galicia, sobre os que levaba traballando vinte anos. Cómpre dicir que contén valoracións morais sobre os seres vivos que hoxe serían inadmisibles, e que existe un claro desequilibrio cara aos campos da zooloxía que mellor dominaba.

Formou parte das principais sociedades e academias científicas de Europa (de zooloxía, botánica, entomoloxía e xeoloxía), así como da Academia Médico-Cirúrxica de Madrid.

Ata a súa morte desempeñou distintos cargos administrativos na Coruña.

Legado[editar | editar a fonte]

Casa das Ciencias da Coruña na que se expón a colección zoolóxica do naturalista.
Tumba de López Seoane no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Coleccionista convencido, durante toda a súa vida recolleu innumerables exemplares das plantas e insectos e de moitos outros campos que estudaba, creando o museo particular máis importante de Galicia no seu domicilio de Cabanas. Ademais enviou espécimes de todo tipo a distintos museos e investigadores de España e Europa.[3]

Actualmente, a colección botánica permanece exposta na súa casa de Cabanas. En 1972, a familia doou a colección zoolóxica ao Concello da Coruña quen, en 1985, trasladouna á Casa das Ciencias da Coruña; e a súa biblioteca científica, as súas fichas e notas de traballo e o arquivo ao Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses.

Para dar idea da magnitude do seu traballo sistemático de mostraxe e catalogación de distintos taxons de seres vivos en toda Galicia baste citar que o Inventario dos materiais da colección Víctor Seoane, publicado pola Casa das Ciencias en 1987, relaciona un total de 10.747 exemplares, entre fósiles, rochas, minerais, ósos, sementes, madeiras, plantas e diversos animais (mamíferos, aves, réptiles, anfibios, peixes, insectos, arácnidos, crustáceos). O grupo máis importante é o representado polos insectos, con 51 caixas entomolóxicas, pero non se poden esquecer os 274 exemplares de réptiles e os 226 de aves.[3]

Como xa dixemos, outros museos e institucións galegas, nacionais e europeas expoñen entre os seus fondos diferentes materiais recollidos por Seoane: o Museo de Historia Natural de Londres posúe unha colección de 197 exemplares de réptiles e anfibios e outra de aves; o Museo Nacional de Historia Natural de Francia unha de 186 réptiles e o de Lisboa outra de 300.[3]

No ano 2000, para celebrar o primeiro centenario do seu pasamento, a Casa das Ciencias da Coruña organizou unha magna exposición dos materiais de Seoane.

Ilustración en Neue Boidengattung und Art von den Philippinen, 1881.

Obras[editar | editar a fonte]

As principais obras publicadas por Seoane son as seguintes:[3]

Nota: Nalgunhas das obras aparece a data indicada polo autor con interrogante e, ao lado, a data que se lle atribúe agora.
  • 1853 - Sobre los procesos é importancia de la botánica, Madrid.
  • 1854 – "Botánica. Familia de las Cruciferas", La Nueva Estrella. Semanario Enciclopédico de Ciencias, Literatura y Artes, Madrid.
  • 1861 – "Catálogo de las Aves observadas en Andalucia", Rev. Progr. Ciencias, 11: 326-384.
  • 1861-63 – Fauna Mastológica de Galicia ó Historia natural de los Mamíferos de este antiguo reino, aplicada á la Medicina, á la Agricultura, á la Industria, á las Artes y al Comercio, Santiago: Manuel Mirás, 544 páx.[7]
  • 1862 – "Réplica a las observaciones hechas por D. Pedro Saínz Manteca, al Catálogo de las Aves de Andalucia", Revista Ibérica, 4: 462-467.
  • 1863 - Observaciones meteorológicas hechas en la Coruña en 1863.
  • 1866a – Reseña de la Historia Natural de Galicia, Lugo: Impr. Soto Freire.[8]
  • 1866b – "Catálogo de las colecciones ornitológicas regaladas por D. Victor López Seoane", Memoria Instituto de Pontevedra: 33-43.
  • 1867 - Observaciones meteorológicas hechas en el Ferrol en 1867.
  • 1868 - Observaciones meteorológicas hechas en el Ferrol en 1868.
  • 1870a? 1894a [9]Revisión del Catálogo de Aves de Andalucia, A Coruña: Impr. Vicente Abad.
  • 1870b? 1894b [9]Aves nuevas de Galicia, A Coruña: Impr. Vicente Abad.
  • 1877 – "Catálogo de Anfibios y Reptiles de Galicia", Anales Soc. Esp. Hist. Nat., Madrid, VI: 349-358.
Bufo panayanus Seoane.
  • 1878a – "Die Orthopteren der Spanisch-Portugiesischen Halbinsel", Stettiner Entomologische Zeitung, 7'-9: 365-376.
  • 1878b – "Ephippiger du Nord de l'Espagne", Ann. Soc. Entom. Belg., Bruxelles, XXI: LXX-LXXIV.
  • 1878c – "Sur la destruction par les Termites d'un navire de guerre spagnole au Ferrol", Ann. Soc. Entom. Belg., Bruxelles, XXI: CCXXV-CCXXVII.
  • 1878d – Notas para la fauna gallega, Ferrol: Impr. de "El Eco Ferrolano".
  • 1878 - Recuerdos de mis viages por Europa - Filandia, Rusia, Suecia, Noruega, Dinamarca, Holanda, Bélgica, Suiza, Alemania, Austria, Hungría, Babiera, Inglaterra, Italia etc. Costumbres, historia, instrucción, artes etc.
  • 1879 - "Description de deux orthoptéres nouveaux d'Espagne", Bulletín Soc. Entom. Suisse, V: 485-487.
  • 1881 – "Neue Boidengattung und Art von den Philippinen", Senckenb. Naturf. Gesellsch., Frankfurt, XII: 217-223.[10]
  • 1884? 1885 – Identidad de Lacerta schreiberi (Bedriaga) y Lacerta viridis var. gadovii (Boulenger) e investigaciones herpetológicas de Galicia. A Coruña: Impr. Vicente Abad.[11]
  • 1885 – "On two forms of Rana from N.W. Spain", The Zoologist, London. 9: 169-172.
  • 1889 - La exposición de Paris de 1889. Relación de los obgetos mas notables en las ciencias, artes, agricultura, industria, arte retrospectiva etc.
  • 1890 – "Nouvelle espèce de Batracien Anoure des Iles Philippines", Mémoires de la Société Zoologique de France, París, III: 206-210.[12]
        Antes que todo, y por encima de todo amo á Galicia; y,
en dar á conocer detenidamente cuantas riquezas naturales
encierra este hermoso país, hé consagrado todos mis desvelos.
—A Coruña, 25 de maio de 1891.[13]
  • 1891? 1894 [9]Examen crítico de las Perdices de Europa, particularmente de las de España y descripción de dos nuevas formas de Galicia. A Coruña: Impr. Vicente Abad.[14]
  • 1894 – "Sur deux nouvelles formes de Perdrix d'Espagne", Mémoires Société Zoologique France, VII: 92-97.
  • 1897 – "Bosquejo histórico de la Botánica española", en B. Merino, Contribución a la Flora de Galicia. La vegetación espontánea y la temperatura en la cuenca del Miño. Tui: Tip. Regional: VII-XVII.[15]

Entre as revistas nas que publicou artigos estiveron Galicia: revista universal de este reino e Revista Galaica.[16]

Especies descritas[editar | editar a fonte]

A López Seoane débese a primeira descrición das especies:

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A súa fama foi recoñecida por numerosos expertos nacionais e estranxeiros, algúns dos cales usaron o seu nome para catalogar e bautizar novas especies de plantas, insectos e réptiles.[3]

A biblioteca da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago leva o seu nome.[17]

Un Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) da cidade da Coruña (en Monte Alto) leva o nome de "Víctor López Seoane".[18]

Rúas nas cidades da Coruña e Ferrol e outra en Perillo, concello de Oleiros, levan o seu nome.

Epónimos[editar | editar a fonte]

Plantas
Insectos
Réptiles

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

As abreviaturas López-Seoane e Seoane emprégase para recoñecer a Víctor López Seoane como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Galería de ficheiros[editar | editar a fonte]

Arquivos en formato PDF.
Fauna Mastológica de Galicia ó Historia natural de los Mamíferos de este antiguo reino, 1861-63. 
Historia de Galicia, o Capitulo II. "Descripción geográfica de Galicia" foi obra de López Seoane. 
Reseña de la historia natural de Galicia, 1866. 
Neue Boidengattung und Art von den Philippinen, 1881. 
Identidad de Lacerta schreiberi (Bedriaga), 1884? 1885. 
Nouvelle espèce de batracien anoure des Illes Philippines, 1890. 
Examen crítico de las Perdices de Europa, particularmente de las de España, 1891? 1894.[9] 
Bosquejo Histórico de la Botánica Española, 1897. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Artigo "LÓPEZ SEOANE Y PARDO-MONTENEGRO, Víctor" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Víctor López Seoane" na Árbore da Ciencia, do Consello da Cultura Galega.
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 Biografía de Víctor López Seoane no Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses (en castelán)
  4. Catálogo de las Aves observadas en Andalucia adicado a Ramón Segade Campoamor que se conserva na RAG.
  5. Francisca Riobóo y Álvarez en GeneAll.net
  6. "El amigo gallego de Darwin" Faro de Vigo, 20/4/2013 (en castelán).
  7. Exemplar da Fauna Mastológica de Galicia da biblioteca da Real Academia Galega.
  8. Reseña de la historia natural de Galicia na Biblioteca Virtual Galiciana.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Reig Ferrer, Abilio; "Víctor López Seoane (1832-1900) como ornitólogo europeo en el centenario de su fallecimiento: la relación de Víctor López Seoane con Alfredo y Reinaldo Brehm y su importancia para la ornitología ibérica", Revista Ingenium (Sada) 2001, ISSN 1133-7486.
  10. Neue boidengattung und art von der philippinen, Real Academia Galega.
  11. Identidad de Lacerta Schreiberi (bedriaga) y Lacerta Vindis, var. Gadovii (Boulenger) na RAG.
  12. Nouvelle espèce de batracien anoure des Illes Philippines, adicado a José Pérez Ballesteros, na RAG.
  13. "Al Centro Gallego de la Habana".
  14. Examen crítico de las Perdices de Europa, adicado a Emilia Pardo Bazán, conservado na RAG.
  15. Exemplar de Bosquejo histórico de la Botánica española da biblioteca da RAG.
  16. Artigos de López Seoane en Galicia. Revista Universal de este Reino e Revista Galaica na hemeroteca da RAG.
  17. Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca da Facultade de Bioloxía.
  18. Páxina web do CEIP "Víctor López Seoane".
  19. Entomología.Rediris.es.
  20. Cebrio seoanei en zipcodezoo.com.
  21. Vipera seoanei Lataste, 1879 Viborasdelapeninsulaiberica.com (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carballal Durán, Regina.; Fraga Vázquez, Xosé Antón; Gracía Molares, Aida. e Reinoso Franco, Juán. (1992): A Colección de Musgos, Hepáticas e Liques de López Seoane e Hult. Seminario de Estudos Galegos, Área de Bioloxía. O Castro-Sada (A Coruña): Ediciós do Castro.
  • Fraga Vázquez, X. A. (1988)a: Embrioloxía e taxonomía a fins do século XIX. As notas embriolóxicas de López Seoane (1881) no contexto da Herpetoloxía europea. Ingenium, 1: 27-58.
  • Fraga Vázquez, X. A. (1988)b: A Herpetoloxía a fins do século XIX: o labor de López Seoane. Estudios sobre Historia de la Ciencia y de la Técnica, II: 867-879. Valladolid.
  • Fraga Vázquez, X. A. (1989)c: Novos dados sobre os contactos entre Darwin e López Seoane (1881) e unha valoración global da influencia darwinista no labor científico do naturalista galego. Revista do Instituto "José Cornide" de Estudios Coruñeses, 22: 5-26. A Coruña.
  • Fraga Vázquez, X. A. (1992): Víctor López Seoane. Editorial Gaesa.
  • Merino, B. (1907): Don Víctor López Seoane como naturalista. En VV.AA. Linneo en España: 327-340. Zaragoza: M. Escar.
  • Ron Pedreira, A. (1983): Víctor López Seoane, naturalista gallego. Notas para una biografía. Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades, 4: 45-50. Ferrol.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]