Milagros Rey Hombre
Milagros Rey Hombre | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1930 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Falecemento | 17 de marzo de 2014 |
Soterrada | Cemiterio de Santa María de Pastoriza (Arteixo)[1] |
Nacionalidade | España |
Ocupación | arquitecta |
Pai | Santiago Rey Pedreira |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Milagros Rey Hombre, nada en Madrid o 22 de outubro de 1930 e finada o 17 de marzo de 2014, foi unha das primeiras arquitectas de Galicia.[2][3][4]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla do arquitecto Santiago Rey Pedreira estudou o bacharelato na Compañía de María da Coruña e comezou a carreira de arquitectura en Madrid en 1952.[2]
En 1960 conseguiu o seu título e ano e medio despois estableceu o seu estudio na Coruña, compaxinando o labor co desempeño de traballos municipais.[5] Un dos seus primeiros traballos na cidade herculina foi a reforma da capela da Compañía de María en 1962, seguindo as orientacións do Concilio Vaticano II logrou un espazo sobrio pero cun coidadoso emprego da luz.[6] Entre as súas obras destacan o local social de pescadores de Fisterra, a fonte de Catro Camiños e a Torre Dourada, primeiro rañaceos coruñés, na rúa de Juan Flórez.[7][2] Como xefa da sección técnica do concello, realizou a xestión do chan para a construción de polígonos como o de Elviña e o Barrio das Flores ou para o establecemento da refinaría.[5]
Foi catedrática da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña.[2]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
En 2005 foi condecorada coa Medalla Castelao.[8] En 2012 o concello da Coruña realizoulle unha homenaxe.[9] En 2014 o Proxecto MAGA, Mulleres Arquitectas de Galicia, rendeulle unha homenaxe na Escola técnica superior de Arquitectura da Coruña.[10]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fallece Milagros Rey, pionera de la arquitectura y Medalla Castelao (autora de la “Fuente de Cuatro Caminos”)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Proyecto de Investigación Mujeres Arquitectas de Galicia. "Milagros Rey Hombre 1930-2014" (PDF). Universidade da Coruña. Proyecto MAGA. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 7 de xuño de 2022. Consultado o 23 de maio de 2019. (en castelán)
- ↑ Coruña, Isabel Bugallal (2010-03-09). ""El profesor me dijo ¿por qué no haces arquitectura femenina?"". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-06-07.
- ↑ Falecemento Milagros Rey Hombre
- ↑ 5,0 5,1 Un día, una arquitecta
- ↑ Lema Panisse, C.; Veleiro Pérez, A. (2017). Cen anos educando: Compañía de María A Coruña 1917-2017. Fundación Edelvives.
- ↑ Adiós a una mujer pionera
- ↑ Seis gallegos y tres cubanos reciben las medallas Castelao
- ↑ Falece a primeira arquitecta de Galicia
- ↑ "HOMENAJE (IN MEMORIAM) A MILAGROS REY HOMBRE". euat.udc.es. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2019. Consultado o 23 de maio de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Entrevistas dentro do proxecto de investigación MAGA, Mulleres Arquitectas de GAlicia, da Universidade da Coruña (en castelán)
- Las mujeres arquitectas de Galicia: su papel en la profesión y en la enseñanza de la profesión Arquivado 07 de xuño de 2022 en Wayback Machine. (en castelán)