1000 12/16

Estatuto de autonomía de Galicia de 1981

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Estatuto de Autonomía de Galicia (ou, sinxelamente, Estatuto de Galicia), é a norma institucional básica de Galicia, en vigor dende 1981. No marco da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia recoñece a condición de nacionalidade histórica a esta Comunidade Autónoma. Os poderes en que se basea son o propio Estatuto, a Constitución e o pobo galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre quen integran o pobo galego.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Tivo o seu precedente no Estatuto de autonomía de Galicia de 1936, aprobado en referendo o 28 de xuño de 1936 por maioría. Daquela, o galego Santiago Casares Quiroga era o xefe do goberno da Segunda República Española.

Aprobación[editar | editar a fonte]

Foi aprobado en referendo polo pobo galego o 21 de decembro de 1980, aínda que cunha participación moi baixa na votación. O 6 de abril de 1981 este estatuto foi asinado polo rei Xoán Carlos I de España e polo presidente do goberno Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo, no Palacio Real de Madrid.

Contidos e competencias[editar | editar a fonte]

A bandeira de Galicia, conforme o disposto no Estatuto de Autonomía

O estatuto recolle, entre outros:

  • O recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia e a súa cooficialidade co castelán
  • Os símbolos propios do país galego: a bandeira, o escudo e o himno
  • A división e organización administrativa do territorio en provincias, comarcas e parroquias rurais
  • O recoñecemento das comunidades galegas no estranxeiro
  • A facenda e o patrimonio propios
  • As diversas competencias de acordo coa Constitución e as leis de solidariedade entre as comunidades que conforman o Estado español.

Historia[editar | editar a fonte]

A Asemblea Parlamentaria galega constituiuse o 25 de xullo de 1979. De acordo co artigo 151 da Constitución Española de 1978, tiña competencias para elaborar e aprobar o proxecto de autonomía. Esta Asemblea acordou nomear unha comisión de 16 representantes de partidos, con e sen representación parlamentaria, para elaborar un primeiro texto. 8 dos membros pertencían á UCD, 2 ao PSOE, 2 a AP, 1 ao PCG, 1 ao POG, 1 ao PG e 1 ao PTG.

O texto que elaborou esa comisión, coñecido como o Estatuto dos 16, foi considerado por partidos nacionalistas e de esquerdas como pouco ambicioso e de segunda orde en relación con Cataluña e o País Vasco. Ante isto, convocouse unha manifestación en Vigo para o 4 de decembro de 1979 que resultou multitudinaria. Adolfo Suárez recoñeceu entón que se errara na elaboración do estatuto galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]