Saltar ao contido

Fernando Cabeza Quiles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Cabeza Quiles

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor en Wikidata
Ponferrada Editar o valor en Wikidata
Morte1 de maio de 2026 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Vivente Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de bicicleta Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolígrafo, poeta Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJuan Cabeza Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1137630 Dialnet: 632457

Fernando Cabeza Quiles, nado en Ponferrada en 1953 e finado en Vivente (Ardaña, Carballo) o 1 de maio de 2026,[1] foi un polígrafo galego que destacou pola súa obra sobre a toponimia de Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Ponferrada, pero ligado toda a súa vida a Galicia, Cabeza Quiles diplomouse primeiramente en Maxisterio e despois licenciouse en Filoloxía Hispánica. Bergantiñán por residencia, viviu primeiro na Estrada e Ribeira, e finalmente en Carballo. Colaborador en prensa e radio, foi socio fundador do Instituto de Estudos Bergantiñáns. Tamén pertenceu á Asociación Galega de Onomástica. É sobriño-bisneto de Salvador Cabeza de León.[2]

Nos anos da década de 1980 comezou a publicar artigos monográficos escritos en castelán no suplemento cultural de La Voz de Galicia, normalmente sobre un topónimo determinado de Galicia, cunha metodoloxía en que adoitaba expor paralelos polo normal peninsulares e engadía documentación, ao tempo que fornecía unha explicación etimolóxica. Estes artigos foron recollidos posteriormente en libro en 1992. Por eses anos redactou tamén artigos para a Gran Enciclopedia Gallega.[3]

Cabeza Quiles, paralelamente ás súas investigacións toponímicas, desde mediados da década de 1990 publicou varios libros de relatos en galego, especialmente de narrativa infantil ou xuvenil. Escribiu tamén poesía e formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte. Algúns dos seus traballos desenvolven temática etnográfica, histórico-ensaística e mesmo xacobea.[4]

Faleceu por mor dun accidente de bicicleta en Vivente, na estrada DP-1914.[1]

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Toponimia

[editar | editar a fonte]
  • AA. VV. Nós ( 1997). Corcubión. Concello de Corcubión.
  • AA. VV., Rumbo ás illas (1997). Ponteceso. Asociación Cultural Monte Branco, O Couto, Ponteceso.
  • "A toponimia de Santa Uxía" en O Imo, Revista Cultural da Barbanza. Ribeira. Asociación Cultural Vionta, 1984.
  • "A pesca da balea nos mares de Bergantiños", en A Regueifa nº 4, Revista Cultural de Bergantiños. Carballo. Agrupación Cultural Lumieira, 1988.
  • "As preocupacións mariñeiras no folklore popular", en Coloquio de Etnografía Marítima (Santiago, 1984). Santiago. Consellería de Pesca. 1988, páxs. 149-161.
  • "A toponimia dalgunhas romarías galegas, un exemplo de etnolingüística", en As Linguas e as Identidades, Universidade de Santiago de Compostela. 1997, páxs. 291-294.
  • O trasno rebuldeiro (Antoloxía de literatura infantil da Costa da Morte). Asociación Neria, Vimianzo e Asociación Cultural Monte Branco, O Couto, Ponteceso, 1997.
  • "Os xalleiros na olería de Buño", en De propostas. Concello de Malpica de Bergantiños. 2000.
  • "Sobre o nome da Estrada", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 4, 2001, páxs. 11-22.
  • "Sobre o topónimo Brea", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 5, 2002, páxs. 123-132.
  • "En torno ó topónimo Toedo", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 6, 2003, páxs. 155-161.
  • "Borobó en Bergantiños", en Homenaxe a Borobó. Sada. Ediciós do Castro. 2003, páxs. 111-115.
  • "O topónimo Baloira", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 7, 2004, páxs. 149-153.
  • "Algúns topónimos da parroquia de Guimarei", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 8, 2005, páxs. 21-29.
  • "Algúns topónimos das parroquias da Estrada, Matalobos, Ouzande e Toedo" en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 9, 2006, páxs. 115-133.
  • "A toponimia das parroquias de Rebordelos, Noicela, Vilela, Lema e Razo", en Andando por Bergantiños 9. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2006, páxs.49-56.
  • "Toponimia ribadaviense", en A Fundación, Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia, Boletín nº 11 (xullo-decembro), 2006.
  • "Algúns topónimos das parroquias de Sabucedo, Liripio, Codeseda e Souto", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 10, 2007, páxs. 147-156.
  • "Olives, un topónimo singular", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 13, 2010, páxs. 171-178.
  • "As pegadas xacobeas do concello da Estrada (I)", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 14, 2011, páxs. 199-223.
  • Follas de Carballo (relatos). Carballo. Asociación Cultural Lumieira, 2011.
  • "A toponimia das parroquias de Artes, Sofán e Berdillo", en Andando por Bergantiños 12. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2011, páxs. 27-32.
  • "A toponimia das parroquias de Barizo, Mens e Vilanova", en Andando por Bergantiños 13. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2012, páxs. 21-30.
  • "As pegadas xacobeas do concello da Estrada (e II)", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 15, 2012, páxs. 261-281.
  • "Meavía, A Estrada e outros topónimos viarios e xacobeos de Tabeirós-Terra de Montes", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 16, 2013, páxs. 107-126.
  • Contos da taberna. Ferrol, Edicións Embora, 2014.
  • Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, Alvarellos, 2017.
  • O río Anllóns, arteria principal da comarca de Bergantiños, Instituto de Estudos Bergantiñáns, Carballo (A Coruña). 2020.
  • O Chan da Embarrada, conxunto megalítico en Ferreira (Coristanco), Concello de Coristanco. 2021.
  • Monte Neme. O Olimpo bergantiñán, Instituto de Estudos Bergantiñáns, Carballo (A Coruña). 2023.

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 Longueira, Toni (2 de maio de 2026). "Muere en accidente de bicicleta en Carballo el escritor Fernando Cabeza Quiles". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2026.
  2. "Cabeza Quiles, Fernando". Editorial Galaxia. Consultado o 2026-05-01.
  3. "Fernando Cabeza Quiles". www.aelg.gal. Consultado o 2026-05-01.
  4. "Toponimia de Padrón e Pontecesures Toponimia". toponimia.xunta.gal. Consultado o 2026-05-01.
  5. "A Ítaca de Fernando Cabeza Quiles, e algo máis". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-03-12. Consultado o 2026-05-01.
  6. "Fernando Cabeza Quiles mergulla na toponimia de Pontecesures e Padrón". La Voz de Galicia. 2026-01-16. Consultado o 2026-05-01.
  7. Ficha no catálogo de bibliotecas de Galicia
  8. "«O segredo dos zapatos», o máis recente traballo de Cabeza Quiles". La Voz de Galicia. 2021-07-06. Consultado o 2026-05-01.
  9. Redacción (2026-02-04). "«Defuntos e santos inocentes», de Cabeza Quiles, xa polas librarías". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2026-05-17.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]