José Pascual López Cortón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Pascual López Cortón

retratado en 1968 por Ricardo Balaca.[1]
Biografía
Nacemento1817
Cedeira
Morte15 de xaneiro de 1878
A Coruña
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro 
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmecenas , escritor , comerciante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJulia Viqueira Flores-Calderón
Fillos3: Carmen, Luisa e José

José Pascual López Cortón, nado en Cedeira en 1817 e finado na Coruña o 15 de xaneiro de 1878, foi un comerciante, escritor e mecenas galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.[2]

Era neto de Manuel Cortón y Neira, militar que participara na guerra de independencia contra os franceses. Ao finarlle o pai, José Luis López, con doce anos de idade marchou a Porto Rico, onde viviu na casa dun tío e fixo fortuna, probablemente coa compra-venda de escravos negros.[3] De volta, casou coa compostelá Julia Viqueira e reedificou un pazo en San Fiz de Vixoi, Bergondo.

A pedimento de Benito Vicetto, organizou os primeiros xogos florais de Galicia, o 2 de xullo de 1861 na Coruña, e encargou a Antonio de la Iglesia a elaboración do Álbum de la Caridad, que recolleu os traballos deses xogos así como outros doutros autores galegos do momento e seis composicións do propio López Cortón.[4] Os beneficios da venda dos exemplares desta publicación destináronse ao hospicio provincial, por mediación da súa presidenta, Juana de Vega.[5]

López Cortón foi un dos primeiros promotores da Institución Libre de Enseñanza en Galicia.[6]

Tivo tes fillos: Carmen[7] (que casaría en 1893 con Manuel Bartolomé Cossío), Luisa (que sería nai de Xoán Vicente Viqueira) e José (enxeñeiro).[3]

A la señorita doña María de Jesús Natividad Blume y Othon (pdf).

Obra[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A Real Academia Galega fíxolle unha homenaxe no camposanto de Santo Amaro no centenario do pasamento[5] e, dende 2009, unha rúa da Coruña leva o seu nome.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pereira, F. e Sousa, J: "Apuntes de una estancia del pintor Ricardo Balaca en Galicia" Anuario Brigantino, 1994.
  2. 2,0 2,1 Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  3. 3,0 3,1 Salgado, Fernando: "El indiano López Cortón" La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xullo de 2015.
  4. Vilavedra, D., ed. (1995). "López Cortón, José Pascual". Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. p. 334. ISBN 84-8288-019-5. 
  5. 5,0 5,1 Naya Pérez, Juan. "López Cortón, José Pascual". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. 
  6. "López Cortón, Xosé Pascual" en Enciclopedia galega universal, t. 11, p. 246.
  7. Marco, Aurora: Carmén López-Cortón no Álbum da Junta para Ampliación de Estudios, CCG.
  8. A Galicia Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  9. A la señorita doña María… Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  10. "A mi prima la señorita Doña Carolina…" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  11. Cantares políticos Arquivado 07 de maio de 2018 en Wayback Machine. en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  12. "Garcés homenajea a López Cortón en la inauguración de la calle que lleva su nombre". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de outubro de 2009. Consultado o 20 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]