Os Rosales, Visma, A Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′26.20″N 8°26′4.48″O / 43.3739444, -8.4345778

Os Rosales
Os Rosales parque central.jpg
Parque dos Rosales.
Parroquia Visma
Concello A Coruña
Situación dos Rosales no concello da Coruña.[1]

Os Rosales, tamén coñecido como As Roseiras,[2][3] é un barrio da parroquia de Visma, situado na zona noroeste da Coruña, ao pé do monte de San Pedro. Dende o ano 2005 o INE non recolle datos da súa poboación como entidade separada.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1970 os arquitectos Domingo Tabuyo Domínguez e Carlos Fernández-Gago redactaron o primeiro Plan Parcial de Ordenación de Los Rosales,[4] creando un novo núcleo residencial, mais foi denegado en 1971.[5]

O barrio actual, proxectado en 1991,[4] comezou a construírse en 1993.[6] A configuración dos seus edificios e da disposición de zonas verdes, provocan que, visto dende o aire, este barrio teña a aparencia dunha rosa, cuxo eixo é a Avenida Manuel Azaña.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Podemos atopar neste barrio certos lugares de interese, como o Parque dos Rosales e o Centro Comercial dos Rosales, así como algúns colexios.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Visma[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Visma no concello da Coruña

O Barral | Bens | As Bouzas | Cal de Moreiras | O Camiño do Pinar | O Coidal | Comeanda | A Costa | A Eira Vella | Entrecasas | Figueiras | Gatón | A Gramela | Labañou | Loureiro | Mazaído | Monte de San Pedro | Nostián | Pardiñas | A Pedra da Barca | As Pedreiras | Penamoa | O Peruleiro | O Portiño | Porto de San Pedro | O Río | Os Rosales | San Pedro de Visma | San Roque de Fóra | Seavella

Parroquias da Coruña[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estudos previos
  2. Programa das festas de María Pita 2016
  3. A cidade dos barrios
  4. 4,0 4,1 La Coruña. Desarrollos urbanos 1940/2000. Catálogo (en castelán). ETSA da Universidade de Navarra. 2011. 
  5. "Ministerio de la Vivienda" (PDF). Boletín Oficial del Estado. 31 de agosto de 1972. Consultado o 18 de novembro de 2015. 
  6. García, Rodri (23 de novembro de 2013). "La «Ciudad Nueva de los Rosales» cumple 20 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Escudo de A Coruña.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]