Cristino Álvarez Hernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cristino Álvarez Hernández, nado na Coruña o 24 de xullo de 1908 e finado na mesma cidade o 15 de agosto de 1998, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1929). Proclamada a República, afiliouse á Unión Regional de Derechas e en 1937 pasou a militar en FET y de las JONS ata a súa disolución. En 1943 foi nomeado Xefe do Sindicato Local de Industrias Químicas e logo Xefe Provincial do mesmo. Foi concelleiro da Coruña (1946) e primeiro tenente-alcalde ata o seu cesamento en 1958. Foi presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña (1937-1968) e vicepresidente do Consejo General de Colegios Oficiales de Farmaceúticos de España (1959-1966).

Foi redactor deportivo de Radio La Coruña e Radio Nacional de España e colaborou en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Farmacia Nueva e Revista del Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide. Foi nomeado Presidente da Federación Galega de Atletismo (1947-1957) e en 1950 da Federación Galega de Fútbol. En 1946, sendo concelleiro, foi fundador do Trofeo Teresa Herrera, o decano dos torneos de fútbol de verán. En 1953 creou a Asociación Amigos de la Ópera, que presidiu ata a súa morte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]