GeoNames

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Densidade mundial das entradas en GeoNames, 2006.

GeoNames é unha base de datos xeográfica libre e accesible a través de Internet baixo unha licenza Creative Commons Atribución 3.0.

Base de datos e servizos de Internet[editar | editar a fonte]

A base de datos contén máis de 8 millóns de nomes xeográficos correspondente a máis de 6,5 millóns de sitios existentes.[1] Estes nomes están organizados en 9 categorías e 645 sub-categorías. Datos tales como a latitude, a lonxitude, a altitude, a poboación, o sub-división administrativa, e os códigos postais están dispoñibles en varias linguas e para cada localización.

As coordenadas xeográficas están baseadas no sistema de coordenadas WGS 84 (Sistema Xeodésico Mundial 1984).

A información é de acceso libre e de balde a través dunha interface de Internet.[2] É posible atopar lugares con base nun código postal, ou preto dun determinado lugar e atopar ligazóns para a sección do artigo da Wikipedia.

A interface é de tipo Wiki e os usuarios poden engadir datos, mellorar ou corrixir os datos.

Web de Integración Semántica[editar | editar a fonte]

Cada recurso en GeoNames é representado como un lugar de recursos identificado por un identificador URI estable. Este id de URI ofrece acceso, a través da transferencia de información a unha páxina Wiki en HTML ou unha descrición dos recursos en RDF utilizando o dialecto GeoNames.

Este dialecto describe as propiedades dos caracteres GeoNames usando a OWL. As clases e códigos son tamén descritos na lingua SKOS. A través da URL dos artigos na Wikipedia ligados na descrición RDF, os datos GeoNames ffan unha conexión ós datos DBpedia e outros RDF.

Notas[editar | editar a fonte]