José Crespo López-Mora
José Crespo López-Mora | |
---|---|
Nacemento | 8 de xuño de 1895 e 1895 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 28 de febreiro de 1964 e 1964 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Crespo López-Mora, nado na Coruña o 8 de xuño de 1895 e finado na mesma cidade o 28 de febreiro de 1964, foi un político galego. Foi alcalde da Coruña entre 1940 e 1942.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Gerardo Virgilio Crespo González, avogado do Estado, estudou Enxeñería de Camiños. Prestou servizos no concello da Coruña, e en 1928 pasou á Delegación do Ministerio de Obras Públicas.
En 1936 foi destinado á Xefatura da IV Demarcación do Circuíto de Firmes Especiais e na guerra encargouse da inspección rexional da reconstrución das pontes da zona norte. En 1940 foi designado alcalde da Coruña por Diego Salas Pombo, gobernador civil e xefe provincial do Movemento. Tomou posesión o 19 de decembro en substitución de Pérez-Ardá, quen por súa vez o revezou a el ao remate do seu mandato, o 22 de outubro de 1942. Ao cesar como alcalde volveu ao seu posto como Xefe de Obras Públicas.
Predecesor: José Pérez-Ardá |
![]() Alcalde da Coruña 1940 – 1942 |
Sucesor: José Pérez-Ardá |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Pontevedra con Carmela Pazos Feijoo, filla de Diego Pazos Espez, en 1928,[1] é pai de Gerardo, José Manuel, Antonio, Carmela, Elvira e Matilde (Crespo Pazos).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Galicia Nueva, 22-6-1928, p. 2.