Fundación Caixa Galicia
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Fundación Caixa Galicia | |
---|---|
Edificio da Fundación Caixa Galicia no polígono industrial de POCOMACO, na Coruña. | |
Tipo | fundación ![]() |
Epónimo | Caixa Galicia ![]() |
Forma xurídica | fundación ![]() |
Data | |
Fundación | 1989 ![]() |
Remate | 2014 ![]() |
Localización | |
Estado | España |
Comunidade autónoma | Galicia |
Provincia | provincia da Coruña |
Concello | A Coruña ![]() |
País | España ![]() |
[ Wikidata ] |
A Fundación Caixa Galicia foi unha fundación galega creada para promover a cultura.
Historia
[editar | editar a fonte]A Fundación Caixa Galicia naceu en 1989 como unha fundación vinculada á entidade financeira Caixa Galicia co fin de promover a cultura nas súas múltiples facetas e manifestacións, para iso, establecéronse como propósitos fundamentais da Fundación, entroutros, o fomento da innovación, o desenvolvemento da creatividade, o crecemento do capital humano e a promoción da identidade cultural. Dende o 2006 xestiona o emblemático Teatro Colón da Coruña. Coa fusión das caixas galegas Caixa Galicia e Caixanova pasou a denominarse Fundación Novacaixagalicia. Posteriormente, cando Banesco compra Novagalicia Banco, pasará a denominarse Afundación[1].
Obxectivos
[editar | editar a fonte]A Fundación Caixa Galicia dedica o seu esforzo a ofrecer unha ampla variedade de propostas culturais e a manter unha presenza constante en toda a comunidade galega, así como noutros lugares de España e do estranxeiro buscando a implicación nas demandas culturais da sociedade para a cal traballa.
Sedes
[editar | editar a fonte]- Sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña
- Sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol
- Seda da Fundación Caixa Galicia en Pontevedra
- Sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago
- Centro Sociocultural Caixa Galicia en Lugo
- Centro Sociocultural Caixa Galicia en Ourense
- Centro Sociocultural Caixa Galicia en Vigo