Padre Sobreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Juan Sobreira Salgado")

O padre Sobreira, nado como Xoán Sobreira Salgado en Beade en 1745 e finado en Guadalaxara en 1805, foi un monxe beneditino galego que, ademais de compoñer diversos textos sobre a xeografía de Galiza, traballou durante máis de oito anos na idea dun dicionario galego, que había levar o título de Glossario General de la Lengua Gallega. Consideraba vergoñento que o galego carecese del cando todas as outras linguas da Península o tiñan. Este dicionario, ao seu ver, sería útil para conservar por escrito o idioma galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Consideraba necesario que o galego acadase un status similar ao doutras linguas da península, seguindo as ideas do Padre Sarmiento:

"para los infinitos que sin ser gallegos vienen a Galicia a administrar rentas públicas, justicia, sacramento. Algunos de estos suelen aficcionarse a la lengua, o porque les gusta o porque la juzgan necesaria para tratar con los rústicos del país, sin necesitar de interpretes."

Sobreira é tamén un dos primeiros en detectar a existencia da modalidade lingüística que coñecemos hoxe polo nome de "castrapo"[Cómpre referencia], especialmente presente nesa época na fala dos habitantes das cidades e vilas máis populosas:

"los gallegos que habitan los lugares muy populosos o de comercio, estos ni hablan puro gallego, ni puro castellano, sino el tercer idioma champurrado".