Novembro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
<< Novembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30
2016
Todos os días
Novembro ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do secúlo XV.

Novembro ou san Martiño[1] é o undécimo mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O seu nome deriva de ter sido o noveno mes do calendario romano.

En Galicia recibe diferentes denominacións populares: Mes santo, Mes de Santos, Mes morto, Mes dos mortos ou San Martiño.

Acontecementos en novembro[editar | editar a fonte]

Novembro na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

  • Normalmente é cando se realiza a mata ou matanza dos porcos nas aldeas, contra o día de san Martiño.
  • Aínda se fan magostos.

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • Por santo André, toma o porco polo pé.[2]
  • Por santa Erea, toma os bois e semea; por san Martiño, nin fabas nin liño.[3]
  • Santos e natal, inverno carnal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "San Martiño". Real Academia Galega. Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  2. Santo André, 30 de novembro.
  3. Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; san Martiño, 11 de novembro.
Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Novembro