Club Básquet Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leyma Coruña
Información xeral
Liga Liga LEB Ouro
Fundación 1996
Historia Club Básquet Coruña
(dende 1996)
Cores           Azul e laranxa
Presidente Juan Carlos Herrero
Adestrador España Sergio García
Patrocinador Leyma
Localización
Cidade Galicia A Coruña
Pavillón Pazo dos Deportes de Riazor
http://www.basquetcoruna.com

O Club Básquet Coruña, coñecido por motivos de patrocinio como Leyma Natura Coruña, é un equipo de baloncesto profesional da cidade da Coruña (Galiza)) galego. Fundado en 1996 logo da unión do Clube Baloncesto Arteixo e o Club Baloncesto Ventorrillo da cidade herculina. Actualmente compite na Liga LEB Ouro, a segunda categoría do baloncesto español e disputa os seus encontros como local no Pazo dos Deportes de Riazor, que conta con capacidade para 4 425 persoas.

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta de cor laranxa e branca cun pantalón tamén de cor laranxa. Dende 2014 o seu presidente é Juan Carlos Fernández Herrero.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 1995, o Clube Baloncesto Arteixo asina un Convenio de colaboración coa Agrupación Deportiva Ventorrillo, coincidindo coa inauguración da Polideportiva do Ventorrillo. O convenio especificaba que dito equipo pasa a pertencer á Agrupación Deportiva e que conxuntamente se crearán as Escolas de Baloncesto do Ventorrillo. O equipo que estaba na Liga Autonómica, acadaba posteriormente o ascenso á Liga Nacional.

En xuño de 1996, a directiva do Clube Baloncesto Arteixo propón á directiva da Agrupación Deportiva Ventorrillo, ao disolverse o C.A.B., equipo de baloncesto da Coruña que militaba na Liga EBA, a posibilidade de levar para a capital coruñesa o equipo de Arteixo, que tamén militaba na Liga EBA e que tiña xogado os play-offs de ascenso á ACB contra o Bilbao.

Así nace o Club Básquet Coruña, da fusión do Clube Baloncesto Arteixo e da Agrupación Deportiva Ventorrillo. E así comeza a nova estrutura do Club, cun equipo na Liga EBA e outro na Liga Nacional; un xoga os seus partidos na Polideportiva de Riazor e o outro na Polideportiva do Ventorrillo. A sede social establécese no local que a Asociación de Veciños do Ventorrillo cede á Directiva conformada coa fusión dos dous clubs.

No ano da súa fundación, e co equipo na Liga EBA, conseguiu clasificarse para a final da Copa Galicia, que disputou contra o Xacobeo Ourense, que daquela militaba na Liga ACB. Finalmente os herculinos dirixidos por Javier Castroverde derrotaron aos ourensáns.[1] No seu debut na Liga EBA, o Básquet Coruña finalizou na primeira posición da Conferencia Norte cun rexistro de 22 vitorias e 4 derrotas, clasificándose deste xeito para os play-offs do oitavos, e finalmente para a fase final que se disputou na localidade andaluza de Chipiona. A pesar do bo rexistro na liga regular e a vitoria nos cuartos de final fronte o CB Archena (91-79), o equipo coruñés caeu en semifinais fronte ao CB Cornellà (78-89). Esa mesma tempada o equipo chegou á final da Copa EBA, caendo fronte ao Gandía.[2][3]

Na tempada 2003-04 o equipo, dirixido por Javier Rodríguez, conseguiu o ascenso á liga LEB-2 logo de vencer ao UB Sabadell. Con todo, a causa de problemas administrativos o club perdeu a praza conseguida na pista, véndose relegado a disputar á Sénior zonal. Na tempada seguinte a entidade asinou un acordo de colaboración co Atlántico Coruña Baloncesto, que viña de ascender á 1ª División, conseguindo deste xeito saíir nesa categoría. Logo dunha tempada na categoría rexional o club conseguiu o ascenso de novo á Liga EBA da man de Nacho Rama logo de disputar a fase de ascenso en Carballo fronte a Club Baloncesto Noia, Toldos Gómez Arzúa e o local Calvo Xiria. Na fase de ascenso disputada na capital bergantiñá o Noia, que cehgou como campión de liga, conquistou o ascenso, se ben tivo que renunciar a rogar na categoría estatal, cedéndolle a súa praza ao equipo coruñés.[4][5][6]

Conversión en SAD[editar | editar a fonte]

O 24 de outubro de 2018 a Asemblea Xeral do club aprobou por unanimidade a conversión do club en Sociedade Anónima Deportiva (SAD) logo de ter cumprido todos os requisitos marcados polo Consello Superior de Deportes (CSD).[7] Á Asemblea, celebrada no hotel Eurostars, asistiron un total de 65 dos 151 socios do club. O obxectivo desta conversión era cumprir co capital mínimo de 60 000 euros esixido polo CSD de cara a un posible futuro ascenso á Liga ACB e profesionalizar o club. Na Asemblea aprobaouse a emisión dun total de 1 200 accións cun valor de 50 euros para as persoas socias dende antes do 23 de outubro e cun máximo de sete por persoa.[8]

Pavillón[editar | editar a fonte]

Pazo dos Deportes de Riazor, onde o club xoga como local.
Artigo principal: Pazo dos Deportes de Riazor.

O Basquet Coruña xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes de Riazor, un pavillón con capacidade para 4 425 espectadores e unha pista de xogo de parquet cunhas dimensións de 20 × 40 metros. O recinto é tamén o fogar do Hockey Club Liceo, o principal equipo de hóckey a patíns da cidade e o club deportivo máis laureado de Galiza.[9] A construción do pavillón comezou en novembro de 1968, precisamente cun partido de hóckey a patíns entre a selección española e un combinado de xogadores do resto do mundo, sobre unha superficie de 5.840 , baixo a dirección do arquitecto municipal Santiago Rey Pedreira[10] e foi remodelado en 2011 cun investimento de 2,4 millóns de euros.[11]

Equipo 2019-20[editar | editar a fonte]

Leyma Coruña 2019–2020 (LEB Ouro)
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso
B 0 España Ferreiro, Pablo 1.91 m (6 ft 3 in) 78 kg (173 lb)
B 1 Flag of the United States.svg DiNunno, Mike 1.8 m (5 ft 11 in) 87 kg (192 lb)
P 2 Flag of the United States.svg Blackwell, Perris 2.06 m (6 ft 9 in) 127 kg (280 lb)
E/A 5 Flag of Serbia.svg Djuran, Filip 1.96 m (6 ft 5 in) 90 kg (198 lb)
A 8 España Martínez, Carlos 2.03 m (6 ft 8 in)
A 10 Flag of Canada.svg Kamba, Mathieu 1.96 m (6 ft 5 in)
B 11 España Maiza, Gaizka 1.91 m (6 ft 3 in) 79 kg (174 lb)
B 12 Flag of Lithuania.svg Pečiukevičius, Augustas 1.93 m (6 ft 4 in) 94 kg (207 lb)
AP 15 España Smith, Sean 2.03 m (6 ft 8 in)
E 23 Flag of Cape Verde.svg Xavier, Jeff 1.85 m (6 ft 1 in) 82 kg (181 lb)
P 30 Flag of the United States.svg Green, Anthony 2.08 m (6 ft 10 in) 114 kg (252 lb)
P 44 Flag of Senegal.svg Thiam, Abdou 2.13 m (7 ft 0 in) 95 kg (210 lb)
Adestrador

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 03-12-2019

Adestradores[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Adestradores do Club Basquet Coruña

O Club Basquet Coruña tivo nove adestradores ao longo da súa historia. O primeiro adestrador do equipo foi Javier Castroverde, que antes de incorporarse ao club dirixiu o Club Baloncesto Arteixo, do que xurdiría o actual Básquet Coruña. O adestrador máis tempo estivo vinculado ao banco herculino foi Antonio Pérez Caínzos, que chegou en 2005 procedente do Celso Míguez Pontevedra e exerceu de adestrador durante sete tempadas entre 2005 e 2012, nas que conseguiu o ascenso da Liga EBA á Liga LEB Prata. Pérez Caínzos converteuse no primeiro adestrador da entidade en superar os 100 partidos e enpermanecer máis de tres tampadas no club herculino.[12][4] Os seguintes son todos os adestradores que dirixiron ao Breogán ao longo de toda a súa historia:[12]

Presidentes[editar | editar a fonte]

O primeiro presidente da entidade foi Enrique Vázquez Caruncho, que estivo á fronte do club durante nove anos, entre 1996 e 2005. Os seguintes son todos os presidentes que dirixiron ao Basquet Coruña ao longo de toda a súa historia:[13]

  • Enrique Vázquez Caruncho (1996-2005)
  • Julio Flores Pérez (2005-2011)
  • Carlos Lamora (2011-2014)
  • Manuel García Fandiño (2014)
  • Juan Carlos Fernández Herrero (2014-)

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tempada División Pos. Postempada Copa
1996–97 Liga EBA 1 Semifinalista Subcampión Copa EBA
1997–98 Liga EBA 1 Semifinalista Semifinalista Copa EBA
1998–99 Liga LEB 13 Playoffs de descenso
1999–00 Liga LEB 13
2000–01 Liga LEB 14 Playoffs de descenso
2001–02 Liga LEB 14 Playoffs de descenso
2002–03 Liga EBA 4
2003–04 Liga EBA 3 Semifinalista
2004–05 1ª División 2 Finalista
2005–06 1ª División 2 Finalista
2006–07 Liga EBA 2 Semifinalista
2007–08 LEB Bronce 3 Ascenso
2008–09 LEB Prata 15 Descenso
2009–10 LEB Prata 10
2010–11 LEB Prata 11
2011–12 LEB Prata 7 Cuartos de final
2012–13 LEB Ouro 9 Cuartos de final
2013–14 LEB Ouro 5 Cuartos de final
2014–15 LEB Ouro 10
2015–16 LEB Ouro 5 Semifinalista
2016–17 LEB Ouro 6 Cuartos de final
2017–18 LEB Ouro 8 Cuartos de final
2018–19 LEB Ouro 12
2019–20 LEB Ouro

Indícanse con fondo de cor verde as tempadas nas que houbo ascenso de categoría.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Copa Galicia (1): 1996
    • Subcampión: 2015, 2016
  • Subcampión da Copa EBA: 1996-97

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gómez, Pablo (24 de setembro de 2016). "Final histórica para el Leyma Coruña en la Copa Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2019. 
  2. "Liga EBA (1996-1997)" (en castelán). algo-se-mueve.blogspot.com. Consultado o 1 de setembro de 2019. 
  3. "Liga EBA" (PDF) (en castelán). Federación Española de Baloncesto. Consultado o 1 de setembro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Rodríguez, Manolo (23 de janeiro de 2007). "Entrenador para rato". La Opinión (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2019. 
  5. "TRINTA ANOS DE HISTORIA". Club Baloncesto Noia. Consultado o 1 de setembro de 2019. 
  6. "HISTORIA". Club Basquet Coruña. Consultado o 1 de setembro de 2019. 
  7. "BASQUET CORUÑA INICIA O PERÍODO DE SUBSCRICIÓN DE ACCIÓNS PARA OS SEUS SOCIOS". Club Basquet Coruña. Consultado o 3 de marzo de 2019. 
  8. "Unanimidad para un Básquet Coruña SAD". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de outubro de 2018. Consultado o 3 de marzo de 2019. 
  9. "A Coruña, sede del Campeonato de Europa" (en castelán). Real Federación Española de Patinaje. 27 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2018. 
  10. "Franco inauguró un Palacio de los Deportes en La Coruña". ABC (en castelán). 2 de agosto de 1970. p. 66. 
  11. "El Ayuntamiento ultima las obras del Palacio de Deportes de Riazor". La Opinión de A Coruña (en castelán). 16 de marzo de 2011. Consultado o 27 de xullo de 2018. 
  12. 12,0 12,1 "ENTRENADORES". Club Basquet Coruña. Consultado o 3 de marzo de 2019. 
  13. "PRESIDENTES". Club Basquet Coruña. Consultado o 3 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]