José Pérez Porto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Pérez Porto, nado na Coruña o 31 de agosto de 1853 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1930, foi un xurista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato na Coruña e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1874. Foi maxistrado e notario da Coruña, foi deputado a Cortes polo distrito de Chantada (1903-1905 e 1914). Defensor do dereito foral galego, a súa obra está baseada nos testemuños recollidos das sentenzas xudiciais dos tribunais galegos.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ponencia sobre foros, 1899.
  • El derecho foral de Galicia, 1915
  • Proyecto de Apéndice al Código civil aprobado por la Comisión especial del Derecho foral de Galicia, 1915.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]