Portal:A Coruña
![]()
Artigo destacado
A Revista Gallega, subtitulado Semanario de literatura é intereses regionales, foi un semanario galego, dominical e bilingüe, publicado na Coruña. Foi fundado en 1895 por Galo Salinas Rodríguez e rematou de publicarse en 1907, cun total de 640 números. Autoproclamado Órgano oficial de la Liga Gallega en la Coruña, durante os seus doce anos de historia constituíuse na publicación emblemática do rexionalismo liberal desa cidade.
Apareceu o 17 de marzo de 1895. Estaba dirixido por Galo Salinas Rodríguez, propietario e fundador do mesmo, como tamén figuraba no cabezallo do semanario, e da súa redacción facían parte Uxío Carré Aldao, Eladio Rodríguez González, Florencio Vaamonde Lores e Francisco Tettamancy Gastón; outros xornalistas, como Salvador Golpe Varela, Waldo Álvarez Insua ou Manuel Lugrís Freire colaboraron moi estreitamente, nas súas respectivas etapas coruñesas, co cadro desta publicación. Para substituír a Revista Gallega naceu ás poucas semanas na Coruña o semanario bilingüe A Nosa Terra (1907-1908), que aínda chegaría a publicar 60 números erguendo a bandeira dun rexionalismo xa na encrucillada perante novas realidades históricas. Lugar de interese
A Real Colexiata de Santa María do Campo é un templo católico de estilo románico da cidade da Coruña, declarada Ben de Interese Cultural o 3 de xuño de 1931. Tamén foi coñecida cos apelativos do Mar e do Portal. Chámaselle "do Campo" porque primitivamente estaba fóra dos muros da cidade. Desde moi antigo foi igrexa dos gremios do mar e do comercio.
Existe constancia documental da existencia dun templo románico en 1208 dedicado á Asunción da Virxe. Deste edificio só se conserva a capela maior. Segundo as inscricións que se conservan, a igrexa actual debeu construírse a finais do século XIII e principios do XIV, quedando constituída en parroquia no 1302. Porén non foi ata o ano 1441 cando o arcebispo de Santiago Lope de Mendoza erixiu a igrexa como colexiata, pasando o reitor e os capeláns a constituír un cabido colexial formado por un prior e catro cóengos en 1476. O 24 de marzo de 1494 o papa Alexandre VI concedeulle o título de abadía mediante unha bula. Ao longo da súa historia foi obxecto de numerosas intervencións, finalizando as últimas obras no ano 1899. Imaxe destacada
Categorías
Biografía destacada
Rosalía Mera Goyenechea, nada na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e finada na mesa cidade o 15 de agosto de 2013, foi unha empresaria galega. Foi co fundadora de Inditex xunto con Amancio Ortega. Con 11 anos entrou a traballar de costureira na pequena empresa téxtil La Maja, onde coñeceu a Amancio Ortega co que casaría e tería dous fillos, Sandra e Marcos. Xuntos fundaron GOA, que foi medrando ata converterse en Zara e finalmente en Inditex. Logo do divorcio da parella en 1986, Rosalía Mera conservou o 7% das participacións no grupo, manténdose no consello de administración de Inditex ata o seu abandono en 2004, mantendo a súa participación logo da cotización en bolsa. Despois da separación comezou unha carreira de investimentos en diferentes proxectos e corporacións de diversos ámbitos, chegando a ser membro do consello de administración de Pharma Mar, do grupo galego Zeltia, e posuíu parte do capital das empresas do audiovisual Continental Producciones, Milou Films ou Tornasol Films. En 1986 fundou a Fundación Paideia Galiza, unha ONG que traballa a prol da incorporación das persoas discapacitadas ao mercado laboral, e da cal foi a súa presidenta. Sabías que...?
Este mes
Cita destacada
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proxectos irmáns
| ||||||||



