Elvira Bao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Elvira Bao Maceiras»)
Infotaula de personaElvira Bao

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Elvira Bao Maceiras Editar o valor em Wikidata
1890 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de abril de 1971 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBernardino Varela do Campo Editar o valor em Wikidata

Elvira Bao Maceiras, nada na Coruña en 1890 e finada na mesma cidade o 26 de abril de 1971,[1] foi unha mestra galega e militante do nacionalismo e republicanismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1906 obtivo o título de Mestra Elemental na Escola Normal da Coruña. Desenvolveu a súa actividade docente na Escola de Redes e nas Colonias Escolares do Sanatorio Marítimo de Oza desde 1920 até 1936, ano en que foi nomeada directora.

No ámbito político, foi unha activa militante do galeguismo e do republicanismo. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña, sendo Secretaria da súa Xunta Directiva en 1918 e colaborou tamén no seu Cadro de Declamación como actriz. Foi proposta como mestra da escola feminina das Escolas de Ensino Galego creadas polas Irmandades na Coruña. Porén, non puido exercer o cargo pola falta de solicitudes[2] e a repentina enfermidade dos seus pais.[3] Foi membro da Agrupación Republicana Femenina da Coruña desde a súa constitución en 1933 e foi presidenta da primeira Xunta Directiva, integrada por outras destacadas republicanas como Amparo López Jeán. Como consecuencia do seu activismo político, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou uns meses no cárcere e foi separada definitivamente do ensino público. En 1945 puxo escola privada na súa casa do barrio coruñés de San Roque de Fóra até que un desprendemento de retina lle impediu o exercicio da profesión.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Praza Elvira Bao Maceiras na Coruña.

O 8 de marzo de 2017 inaugurouse na Coruña unha praza co seu nome[4] e ao ano seguinte unha residencia universitaria.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Bernardino Varela do Campo, Elvira Bao Maceiras e os fillos Elvira e Bernardino Varela Bao paseando pola Coruña.

Casou con Bernardino Varela do Campo en 1923,[6] e foi nai de Elvira e de Bernardino Varela Bao.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-4-1971, p. 4.
  2. Ínsua, Emilio Xosé (venres, 6 de maio de 2016). "As “Escolas do Insiño Galego”: unha experiencia pedagóxica das Irmandades da Fala". A ínsua do Ínsua. Consultado o 2022-08-03. 
  3. Obelleiro, María (2016-05-18). "Elvira Varela, testemuña viva das Irmandades: "O que hai agora, todo o que hai, é por elas"". Nós Diario. Consultado o 2022-08-03. 
  4. O alcalde reivindica no Día das Mulleres "a loita contra o feminicidio para non permitir unha soa vítima máis das violencias machistas"
  5. "A Residencia Universitaria Elvira Bao xa é unha realidade" Arquivado 13 de novembro de 2018 en Wayback Machine. Deputación da Coruña.
  6. El Progreso, 30-8-1923 agosto 30

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]