José Castro González
José Castro González | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de xaneiro de 1856 |
Santiago de Compostela | |
Falecemento | 27 de xaneiro de 1917 |
A Habana | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | músico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Castro González, máis coñecido polo alcume de Chané, nado en Santiago de Compostela o 18 de xaneiro de 1856 e finado na Habana o 27 de xaneiro de 1917, foi un músico galego. Como instrumentista era virtuoso da guitarra e da cítara. Tamén foi compositor, e director do Orfeón Coruñés e máis tarde da Coral Polifónica El Eco, coa que obtivo galardóns en Pontevedra (1880), Madrid (1887), Barcelona (1888), Santander e París (festival do Teatro Trocadero de 1889). Foi membro correspondente da Real Academia Gallega.[1]
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi catedrático de Belas Artes na Coruña, pero malia o seu recoñecido prestixio, a cátedra foi suprimida, polo que emigrou a Cuba en 1893. Na Habana dirixiu o orfeón Ecos de Galicia, co que acadou grandes éxitos. Na capital cubana o músico tivo unha estreita relación co poeta Manuel Curros Enríquez, musicando varios textos da súa autoría, sendo "Unha noite na eira do trigo" a que acadou máis sona.

Tamén foi profesor de música do Centro Galego da Habana, pero en xullo de 1895, durante os exames realizados nesta institución, mantivo un enfrontamento con Vicente Fraiz Andón, presidente do tribunal, que motivou a súa saída do equipo do Centro Gallego.
Na Habana participou en entidades galegas como a Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia ou a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, da que foi secretario, sendo con posterioridade académico electo da Real Academia Galega.
Regresou á Coruña en agosto de 1907, sendo obsequiado pola intelectualidade galega cun gran banquete, presidido por Emilia Pardo Bazán, que contou coa asistencia de Ramón Armada Teixeiro, Manuel Lugrís Freire, José Martínez Fontenla (que fora alcalde da cidade), Xoán Neira Cancela e distintos directivos de orfeóns galegos.
Regresou á Habana, onde seguiu compoñendo e tocando. A súa derradeira composición foi "A lúa de Cangas", estreada polo orfeón Ecos de Galicia nunha velada en honra ao poeta viveirense Nicomedes Pastor Díaz.
Finou en xaneiro de 1917, e os seus restos foron trasladados á Coruña, onde chegaron o 4 de marzo, para ser soterrado no camposanto da cidade, contando o seu funeral cunha numerosa asistencia:
Xa pasou dos inxenuos orfeóns, os estandartes -reliquias que tremeron no enterro do Clavé galego, hai que conservalos como gloriosas relembranzas históricas. Fagamos -¡ou somas queridas de Curros e Chané!- porque xurda o mestre capaz de concertar voces pra defensa de Galiza: pensemos nas cordas que serven para facer lazos corredizos nas árbores
En Cuba casou con Elvira Hernández Celis, tendo numerosa descendencia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Membros correspondentes RAG.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Castro González ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|