Inés de Ben
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XVI |
| Actividade | |
| Ocupación | retroseira (pt) |
Inés de Ben foi unha muller que destacou na defensa da Coruña durante o asedio das tropas de Francis Drake en 1589.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A vida de Inés de Ben é pouco coñecida. Estaba casada con Sebastián Fernández e tiña unha mercería na Pescaría.[2]
Durante o asedio de Francis Drake participou na defensa da Coruña, quedou viúva e foi ferida na cabeza e nunha perna.[3][2]
Moi pobre e case cega, houbo un xuízo en 1593 para que se lle devolvese o que achegara durante a loita (por valor de 800 ducados),[1] mais anos despois seguía vivindo na indixencia.[2] Foi soterrada nunha fosa común.[3]
Legado
[editar | editar a fonte]O concello da Coruña nomeou unha rúa co seu nome no lugar de Curramontes.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Costa, Xoán (3/5/2015). Francis Drake e Inés de Ben Nós Diario.
- 1 2 3 Inés de Ben, la mujer eclipsada por María Pita Arquivado 26 de setembro de 2020 en Wayback Machine. Galicia Máxica (en castelán).
- 1 2 Inés de Ben - A Coruña das mulleres AC Alexandre Bóveda.
- ↑ Cambios de denominación (11/7/2017) Ayuntamiento de A Coruña. Concello da Coruña (en castelán).