Vilarmaior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vilarmaior
Bandeira de Vilarmaior
Escudo de Vilarmaior
Situación
Xentilicio[1]vilarmaiorés
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación1.234 hab. (2023)[2][3]
Área30,3 km²[3]
Densidade40,73 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias[4]
Política (2023[5])
AlcaldeCarlos Vázquez Quintián (PPdeG[6])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Vilarmaior
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes71,23%
Na rede
concellodevilarmaior.es
editar datos en Wikidata ]

Vilarmaior é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.236 habitantes (1.277 no 2010, 1.326 no 2006, 1.343 no 2005, 1.362 no 2004, 1.350 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Vilarmaiorés.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo Total (Habitantes) 1.236 (2014)
Menores de 15 anos 100 (8.09 %)
Entre 15 e 64 anos 744 (60.19 %)
Maiores de 65 anos 392 (31.71 %)
Evolución da poboación de Vilarmaior   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.062 3.124 2.830 1.929 1.362 1.294 1.273 1.261 1.247 1.236 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 30,1 km², abrangue seis parroquias. Limita ao norte co concello de Irixoa a través do río Lambre e os seus afluentes Caudelo e Mondariz. Os cumios máis elevados son o Catasol (440 m), Monte Grande (374 m) e Lagarín (309 m), na parroquia de San Pedro de Grandal, no límite co concello de Monfero. Ten clima oceánico, cunha media anual de 11,8 °C e unha oscilación lixeiramente superior aos 12 °C.

Historia[editar | editar a fonte]

Na zona hai diversos petróglifos. Consérvanse topónimos que fan referencia a poboados castrexos como Castro, Castrillón, Castrelo ou As Croas. Do período da romanización de Galiza consérvase unha estela funeraria atopada na parroquia de Grandal en 1938, conservada no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña.

As terras da zona foron doadas no século IX polo rei Afonso II de Oviedo ao bispo de Mondoñedo Sabarico, segundo se recolle nun documento do ano 866. En 1185 foille concedido ao mosteiro de Caaveiro o dereito das tres cuartas partes dos beneficios da igrexa de Doroña. Este templo é románico, do século XII. Durante a idade media as terras de Vilarmaior formaban parte do condado de Pruzos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vilarmaior

Doroña (Santa María) | Goimil (San Cristovo) | Grandal (San Pedro) | Torres (San Xorxe) | Vilamateo (Santiago) | Vilarmaior (San Pedro)


Lugares de Vilarmaior[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilarmaior vexa: Lugares de Vilarmaior.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Vilarmaior".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Resultados eleccións 2023
  6. Concello de Vilarmaior na FEGAMP
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.