Saltar ao contido

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Implicados
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
30 de xuño de 1980 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Superficie
   6.500 m² Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Enderezo
C. del Pintor Velázquez, 5, 28100 Alcobendas, Madrid, Spain
Praza do Museo Nacional, 1, La Coruña Editar o valor en Wikidata
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Código postal15011 Editar o valor en Wikidata
VIAF164952437 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000417654799 Editar o valor en Wikidata
 Obra dispoñible en
 Páxina WEB
 Teléfono
+34 900-100134 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: muncyt Twitter: muncyt Instagram: muncyt_es BNE: XX4574961 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, tamén chamado MUNCYT ou Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España, é un museo dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e dirixido por Ramón Núñez Centella. A súa sede principal está na Coruña e ten outra sede en Madrid.[1]

No museo expóñense diversas pezas da historia tecnolóxica de España e Galicia entre as que están algunha relacionada coa cidade da Coruña, como a anterior lanterna da Torre de Hércules que funcionou entre 1857 e 1904. Tamén se pode ver e visitar a cabina do avión que trouxo a España o Guernica de Picasso dende Nova York, unha pequena exposición da historia tecnolóxica en España, iniciativas industriais e a evolución dos medios de comunicación escritos e informáticos.

Antiga lanterna da Torre de Hércules, MUNCYT A Coruña.

Existen visitas guiadas e proxeccións.

Historia da sede coruñesa

[editar | editar a fonte]

O Museo foi inaugurado o 4 de maio de 2012 polos príncipes de Asturias, se ben non se abriu ó público ata o mes de xuño dese ano.

O edificio fora construído pola Deputación da Coruña e ía ser unha escola de artes. A construción, chamada «Prisma de Cristal», deseñada por aceboXalonso Studio,[2] gañou o primeiro premio da IX Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo[3] e foi reconvertido, con pequenas modificacións, na sede principal do MUNCYT. É un edificio de formigón e cristal con dous andares abertos e comunicados a diversos niveis. A maqueta do edificio exhibiuse no MoMA de Nova York como un dos mellores deseños arquitectónicos actuais.

O seu director, Rámon Núñez, foi director dos museos coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae), posto que deixou para poñer en funcionamento este novo museo na cidade. Espera acadar os 200.000 visitantes ao ano.[4]

En novembro de 2012 o museo acadou os 50.000 visitantes cun grupo de estudantes de Coristanco.[5]

Instalacións

[editar | editar a fonte]
  • As salas
    • Sala Miscelánea
    • Sala Maiúsculas
    • Sala Patrimonio
    • Sala Innovación española
    • Sala Iberia
    • Século XX
    • Expos Interinas

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]