Juan González Rodríguez
Juan González Rodríguez | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1873 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 26 de xaneiro de 1960 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan González Rodríguez, nado na Coruña o 27 de novembro de 1873 e finado na mesma cidade o 26 de xaneiro de 1960, foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi presidente do Casino Republicano da Coruña. Foi alcalde da Coruña en tres períodos diferentes. O seu primeiro mandato foi entre 1919 e 1920 e o segundo un ano máis tarde. O 26 de marzo de 1930 foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe. Coa chegada da República volveu ser elixido alcalde da Coruña logo da dimisión de Ángel Senra Fernández o 26 de agosto de 1931, permanecendo co cargo ata o 21 de xullo de 1932, cando foi nomeado gobernador civil de Ourense. Continuou no cargo ata o 3 de outubro de 1933 en que pasou ao Goberno civil de Lugo. Afiliado a Izquierda Republicana, volveu ser concelleiro da Coruña no período da Fronte Popular.
Predecesor: Gerardo Abad Conde |
![]() Alcalde da Coruña 1919 – 1920 |
Sucesor: Antonio Lens Viera
|
Predecesor: Antonio Lens Viera |
![]() Alcalde da Coruña 1921 – 1922 |
Sucesor: Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas
|
Predecesor: Ángel Senra Fernández |
![]() Alcalde da Coruña 1931 - 1932 |
Sucesor: Manuel Iglesias Corral
|
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Emilia Catoira Touriñán e foi pai de Luciano, Jenaro, José Luis, Alfonso e Javier González Catoira.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). Consultado o 20 de xaneiro de 2013.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Wiki de Estudos LocaisArquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
- Caricatura de Luís BagaríaArquivado 20 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.