José Manuel Liaño Flores
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
José Manuel Liaño Flores | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1921 |
Monforte de Lemos | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e avogado |
Fillos | Rosa Liaño |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Manuel Liaño Flores, nado en Monforte de Lemos o 15 de novembro de 1921, é un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Avogado, iniciou a súa carreira política en 1946 cando entrou como concelleiro da Corporación municipal da Coruña. Volveu ser nomeado concelleiro en 1964, permanecendo no cargo ata que foi elixido alcalde da Coruña o 1 de febreiro de 1976. Cesou como alcalde o 30 de decembro de 1978. Foi procurador en Cortes como representante da Familia (1967 e 1971).
Como alcalde remodelou o parque de Santa Margarida, inaugurou a presa de Cecebre, iniciou as obras do cemiterio de Feáns, creou o Museo do Reloxo (con reloxos do seu propio tío político Antonio Ríos Mosquera), e o Plan parcial de Durmideiras.
Predecesor: Jaime Hervada Fernández España |
![]() Alcalde da Coruña 1976 – 1978 |
Sucesor: Berta Tapia |