Fanny Garrido
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | Francisca González Garrido 30 de outubro de 1842 A Coruña |
| Morte | 11 de novembro de 1917 Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | escritora, tradutora, autora |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Marcial del Adalid José Rodríguez Mourelo |
| Fillos | María del Adalid ( |
Francisca González Garrido, coñecida como Fanny Garrido, nada na Coruña o 30 de outubro de 1842 e finada en Madrid o 11 de novembro de 1917,[1] foi unha escritora e tradutora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do médico Francisco González Garrido del Amo e mais de Josefa García Cuenca.[2] Colaborou nos periódicos Galicia[3] e El Correo de Madrid. Da súa produción destaca a novela autobiográfica Escaramuzas, publicada en 1885. Traduciu do alemán ao castelán a Heine e Goethe. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[4] Empregou tamén o pseudónimo de Eulalia de Liáns.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 1860 casou co compositor Marcial del Adalid, quen musicou moitos dos seus poemas. Logo da morte do seu marido casou co químico lucense José Rodríguez Mourelo.
Obras
[editar | editar a fonte]- Escaramuzas (1885)
- La mano izquierda (Revista Contemporánea, 1887-1888)
- La madre de Paco Pardo (1898)
- Batallas (inédita)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Fanny Garrido e Marcial del Adalid.
- Fanny Garrido e a súa filla María del Adalid.
- Pazo de Lóngora, en Liáns.
Notas
- ↑ "Necrológica. Eulalia de Liáns". La Voz de la Verdad. 14 de novembro de 1917. p. 1.
- ↑ Touriñán Morandeira, Laura (2012). "El origen de la creación artístico-musical socio-identitaria en Marcial del Adalid: la influencia intelectual femenina en su obra". Trabajos presentados en el I SMYG-CEMUSA (2012). Universidade de Salamanca Centro de Estudios de las Mujeres. pp. 48–49. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2019. Consultado o 24 de outubro de 2022 – vía issuu.
- ↑ Garrido, Fanny (1887). "La situación agrícola de Galicia". Galicia. Revista Regional (1): 31–36.
- ↑ "Membros correspondentes". Real Academia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fanny Garrido |
| A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Fanny Garrido |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 170.
- Vilanova Rodríguez, Alberto (2005). "Garrido, Fanny". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 114-115. ISBN 84-85311-96-5.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. pp. 201–202. ISBN 978-84-8341-146-9.