Alberto Garaizábal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de decembro de 1875 Donostia, España |
Morte | 13 de decembro de 1947 (72 anos) |
Actividade | |
Ocupación | organista |
Instrumento | Órgano |
Alberto Garaizábal Macazaga, nado en Donostia o 7 de decembro de 1875 e finado na Coruña o 13 de decembro de 1947, foi un músico, director, profesor e compositor vasco,[1] residente en Galicia dende 1914.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Garaizábal realizou estudos de piano, órgano, harmonía e composición con Bonifacio de Etxeberria, primeiro no Conservatorio de San Sebastián e, máis tarde, como axudante do seu mestre co órgano da igrexa de San Vicente. Desde 1895 e ata 1914 foi organista da igrexa parroquial de Zumarraga. En 1914 logrou a praza de organista na igrexa do Sagrado Corazón da Coruña[2]. Na Coruña dedicouse tamén ao ensino privado pero a partir de 1933 foi director da agrupación de instrumentos de arco da a Sociedade Filharmónica da Coruña, que Garaizábal transformou na Orquestra Filharmónica Coruñesa. Ademais o seu labor foi fundamental para a constitución en 1935[3] do Conservatorio, converténdose Garaizábal no seu primeiro director.
Obra
[editar | editar a fonte]Garaizábal realizou para a súa orquestra un gran número de adaptacións de obras do repertorio da época. Así e todo, a maior parte da súa produción orixinal está dedicada ao culto relixioso e amosa un absoluto respecto polas normas litúrxicas do momento. Os seus traballos para órgano expresan unha gran modernidade na súa textura, procedente da influencia do repertorio dos vangardistas franceses. Tamén salientan as súas obras corais en galego.
Música sinfónica
[editar | editar a fonte]- Himno gallego
- Preludio-cancion
Música para coro e orquestra
[editar | editar a fonte]- Ecce Sacerdos Magnus
- Himno para la coronación de la Virgen de los Dolores
- Lacrymosa
- Miserere
- O vos omnes
Música para coro e órgano
[editar | editar a fonte]- Angelus Dominio
- Ave Maria
- Himno al trabajo
- Francisco de Asís
- Madre del alma
- Plegaria a la Virgen del Carmen
- Villancico al Niño Dios
Música para coro
[editar | editar a fonte]- Alalá de Triscastela
- Foliada de Calara
- Os meus pensamentos
- Villancico gallego
Música para voz e órgano
[editar | editar a fonte]- Bendita sea tu pureza
- Himno de las congregaciones marianas
Música para órgano
[editar | editar a fonte]- Andante
- Communio
- Ofertorio
Música para piano
[editar | editar a fonte]- Fandango
- Gavota
- Minueto
- Valtz brillante
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diccionario de la música española e hispanoamericana. Vol. 5. Sociedad General de Autores y Editores, p. 372.
- ↑ "Garaizabal Macazaga, Alberto - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en éuscaro). Consultado o 2020-01-07.
- ↑ Xoán Manuel Carreira "Alberto Garaizábal Macazaga (1875-1947) y la vida musical de A Coruña" Musiker: Cuadernos de música, ISSN 1137-4470, Nº. 4, 1988, páx. 193-229