Saltar ao contido

Rías Altas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRías Altas
Imaxe
TipoCosta Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaprovincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°23′23″N 8°22′38″O / 43.38971, -8.37725
Enciclopedia Galega Universal: 178279
Mapa coas rías altas de Galiza

As Rías Altas é a denominación coa que se coñece a parte setentrional do litoral de Galiza. Caracterízanse en xeral polo seu pequeno tamaño e mais pola súa elevada colmatación. Incluíndo as denominadas Rías Medias (Costa da Morte e Arco Ártabro) neste grupo, as Rías Altas abranguerían a parte norte e noroeste da provincia da Coruña e toda a costa da provincia de Lugo, limitando con Asturias ao leste e co cabo de Fisterra ao suroeste.

Con todo, en hidrografía considérase que o cabo Ortegal marca o punto de separación entre as Rías Altas propiamente ditas[1] e as Rías Medias. En rigor, as Rías Altas son cinco:

O conxunto de caudais que alimenta as rías altas está encadrado na Confederación Hidrográfica Galicia Costa,[2] a excepción dos que nutren a ría de Ribadeo, que o están na Confederación Hidrográfica do Cantábrico.[3]

Principais portos comerciais e pesqueiros

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "A ría de Santa Marta de Ortigueira pertence ás Rías Altas." Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, def. de Ría, tomo 38, páx. 130, pé de foto.
  2. "Wayback Machine" (PDF). augasdegalicia.xunta.gal. Consultado o 2025-02-16. 
  3. "Hidrología". Liferay (en castelán). Consultado o 2025-02-16. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]