Lei de Grandes Cidades de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Lei de Grandes Cidades ou Lei de Medidas para a Modernización do Goberno Local (Lei 57/2003, de 16 de decembro) aprobada polas cámaras lexislativas españolas a proposta do goberno de España entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2004; consiste na modernización da xestión do concello para así desenvolver e impulsar a participación dos cidadáns na xestión dos asuntos locais. Unha destas medidas é a división do municipio en distritos e a determinación e regulación dos órganos destes.

Os distritos constitúen un instrumento necesario para crear políticas de proximidade e participación en municipios con alta densidade de poboación. Descentrando funcións desde a participación cidadá e debendo ademais o concello de cada localidade que poña en marcha esta lei terá o deber de establecer unha porcentaxe mínima dos seus recursos para xestionarse por distritos.

Os concellos teñen que establecer e poñer en marcha normas de carácter orgánico e órganos adaptados para unha efectiva participación dos veciños na vida pública do municipio.

A división en distritos, xunto coa determinación, regulación dos órganos destes e as competencias que posúan, non terán prexuízo sobre as atribucións do alcalde. Os presidentes de distrito corresponde en todo caso a un dos concelleiros.

Ámbito de aplicación[editar | editar a fonte]

A Lei 57/2003 dedica o seu artigo primeiro á modificación da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local. O punto 4 do mencionado artigo engade á Lei 7/1985 dous novos títulos, dos cales o X, "Réxime de organización dos municipios de gran poboación", é o que establece as disposicións que motivan o sobrenome "Lei de Grandes Cidades". Neste título X, o artigo 121 é o que establece o ámbito de aplicación deste Réxime:

  • Municipios cuxa poboación supere os 250.000 habitantes.
  • Municipios capitais de provincia cuxa poboación supere os 175.000 habitantes.
  • Municipios capitais de provincia, capitais autonómicas ou sede das institucións autonómicas, cando así o decida a asemblea lexislativa da comunidade autónoma a iniciativa do respectivo concello.
  • Municipios cuxa poboación supere os 75.000 habitantes, que presenten circunstancias económicas, sociais, históricas ou culturais especiais, cando así o decida a Asemblea Lexislativa da Comunidade Autónoma a iniciativa do respectivo concello.
  • Municipios que estivesen previamente suxeitos a este Réxime, aínda que actualmente non cumpran ningunha das condicións anteriores por diminuír a súa poboación.

A efectos de cuantificar poboación tómase como referencia o padrón municipal.[1]

En Galicia, as sete cidades principais (Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol) están suxeitas a este réxime.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]